Península de Alasca
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/150132main_image_feature_589_alaska.jpg/300px-150132main_image_feature_589_alaska.jpg)
A Península de Alasca (en inglés:Alaska Peninsula) é unha península pertencente ao estado de Alasca, Estados Unidos que se estende uns 800 km ao suroeste do estado. A península é prolongada polas illas Aleutianas, que marcan a separación entre o océano Pacífico e o mar de Bering. A península está bastante despoboada, estando formado ese grupo de poboación maiormente por indíxenas de Alasca que viven da pesca.