Pepe Viyuela

Infotaula de personaPepe Viyuela

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Viyuela Castillo Editar o valor en Wikidata
2 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Real Escuela Superior de Arte Dramático Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , artista de circo , poeta , Pallaso , actor de televisión Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0900402 Allocine: 131119 Allmovie: p357659
Twitter: PepeViyuelactor BNE: XX1155597 Editar o valor en Wikidata

José Viyuela Castillo, nado en Logroño o 2 de xuño de 1963, máis coñecido como Pepe Viyuela, é un actor, pallaso, poeta e humorista rioxano licenciado en Filosofía.

Traxectoria

Amais de Filosofía, Viyuela estudou Arte dramática[1], iniciándose no mundo da interpretación con parodias con obxectos e sen palabras. A súa primeira aparición televisiva foi en Un, dos, tres...responda otra vez como humorista, coa súa famosa frase «Pero, ¿esto qué es?», e co seu número máis coñecido, no que se vía atrapado por unha cadeira pregable.

Como actor traballou con Julio Medem en Tierra (1995). Posteriormente interpretou a Filemón nas dúas películas baseadas en Mortadelo e Filemón: La gran aventura de Mortadelo y Filemón (Javier Fesser, 2003) e Mortadelo y Filemón. Misión: Salvar la Tierra (Miguel Bardem, 2008). En teatro participou no Festival de Teatro Clásico de Mérida, con Androcles y el león (1999), de George Bernard Shaw, Rómulo el grande (2005), de Friedrich Dürrenmatt e Miles Gloriosus (2008), de Plauto. En 2009 protagonizou, xunto a Teté Delgado, El pisito. En televisión participou na serie Aída no papel de Chema o tendeiro. Fixo papel de dobraxe ao castelán en Open Season.

En 2003 publicou a novela Bestiario del circo, con prólogo de Andrés Aberasturi. Gañou a segunda edición do Premio Internacional de Poesía Margarita Hierro co seu primeiro poemario, Y amarte sin saber. A obra consta de 51 poemas e está dedicada a Margarita Hierro e a Manolo Romero, cunha ilustración na portada de José Hierro. En 2008 publicou o seu segundo poemario, Las letras de tu nombre[2].

É vicepresidente da ONG Payasos Sin Fronteras e socio honorífico da ONG Amigos de la Tierra.

Filmografía

  • Tierra (Julio Médem, 1996).
  • El milagro de P. Tinto (Javier Fesser, 1998).
  • La gran aventura de Mortadelo y Filemón (Javier Fesser, (2003).
  • Di que sí (Juan Calvo, 2004).
  • Escuela de seducción (Javier Balaguer, 2004).
  • Mortadelo y Filemón. Misión: Salvar la Tierra (Miguel Bardem, 2008).

Televisión

  • "Hogar cutre hogar", sketches dentro do programa e sección Pero ¿esto qué es? (1991).
  • Un, dos, tres... responda otra vez (1993-2004).
  • Manos a la obra (1997).
  • Aída (Telecinco, 2005-) como Chema.
  • En clave de Ja (Televisión Canaria, 2010).
  • Museo Coconut (Neox, 2010-) como o Ministro de Agricutura y Pesca.

Notas