Percopsiformes

Amblyopsis rosae

Os Percopsiformes son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Paracantopterixios (Paracanthopterygii), propios de augas mariñas.

Características

A forma do corpo é parecida á das percas. As aletas pelvianas, cando existen, sitúanse por detrás das aletas pectorais, con 3 a 8 radios brandos; na aleta dorsal presenta espiñas pero normalmente débiles. Moitas especies con escamas ctenoides. Teñen seis fendeduras branquiais. Premaxilar non protráctil.

Clasificación

Divídense en dúas subordes e tres familias:

  • Suborde Aphredoderoidei
    • Familia Amblyopsidae (Bonaparte, 1846)
    • Familia Aphredoderidae (Bonaparte, 1846)
  • Suborde Percopsoidei
    • Familia Percopsidae (Agassiz, 1850)

Véxase tamén

Ligazóns externas