Perimetrio
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Illu_cervix.svg/220px-Illu_cervix.svg.png)
O perimetrio ou túnica serosa do útero (nome latino: perimetrium, tunica serosa uteri) é a capa externa serosa da parede do útero, que deriva do peritoneo e cobre o fondo (fundus) uterino, e pode considerarse un peritoneo visceral. Consta dunha capa superficial de mesotelio e unha capa fina de tecido conectivo laxo por debaixo del.
Pola parte anterior, o perimetrio cobre o fondo do útero e o corpo superior do útero ata que se encontra coa superficie superoposterior da vexiga urinaria adxacente, o que ten como resultado a formación dun pregamento cóncavo do peritoneo chamado a bolsa vesicouterina. Pola parte posterior, o peritoneo cobre toda a superficie do útero e baixa ata o cérvix, onde se dobra en dirección ao recto adxacente para formar a bolsa rectouterina, a canle máis baixa da cavidade peritoneal. Lateralmente, o perimetrio fusiónase coas serosas dos ligamentos anchos.[1][2]
Notas
- ↑ Manual of Obstetrics. (3ª ed.). Elsevier. pp. 1-16. ISBN 9788131225561.
- ↑ Ross, Michael H.; Pawlina, Wojciech. Histology, a text and atlas (Sixth ed.). p. 848.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- UCDavisOrganology - Reproductive/mammal/uterus0/uterus1 - "Mammal, uterus (LM, Low)"