Personaxes da Terra Media
A seguinte é unha lista dos personaxes notábeis do legendarium da Terra Media do autor inglés J. R. R. Tolkien. A lista é só para os personaxes das obras de Tolkien.
Os hobbits aparecen clasificados polos seus nomes familiares, non polos seus nomes propios (por exemplo, Frodo Bulseiro é baixo Bulseiro, Frodo).
A
- Aragorn: Descendente de Isildur que foi un dos personaxes principais tanto na Irmandade do Anel como na guerra do Anel. Converteuse en rei do reino unificado de Gondor e Arnor.
- Arwen: Filla do semielfo Elrond e de Celebrían, casa con Aragorn a final da guerra do Anel e convértese en raíña do reino unificado de Gondor e Arnor.
B
- Bagadouro: Entidade misteriosa coñecida como a filla da muller do río, muller de Tom Bombadil.
- Balin: Anano compañeiro de Thorin Escudo de Carballo na obra O hobbit. Morto durante un intento de recuperación de Moria.
- Bárbore: Líder dos ents no Señor dos Aneis.
- Bardo o Arqueiro: Home de Esgaroth que acabou con Smaug o dragón.
- Beorn: Cambiapeles que reside na rexión do Bosque Escuro e pode asumir a forma dun grande oso.
- Boromir: Membros da Irmandade do Anel, fillo e herdeiro de Denethor II de Gondor. Morto polos uruk-hai en Amon Hen.
- Meriadoc Brandigamo: Un hobbit membro da Irmandade do Anel e compañeiro de Frodo Bulseiro. Axudou a Éowyn a acabar co Rei Bruxo de Angmar.
- Bilbo Bulseiro: Un hobbit aventureiro. Descobre o Anel Único despois de que Gollum o perdese.
- Frodo Bulseiro: Curmán (informalmente, 'sobriño') de Bilbo Bulseiro que é o portador do Anel Único para a súa destrución no Monte do Destino.
C
- Celebrimbor: Ferreiro Noldorin e neto de Fëanor, que liderou a creación de todos os Aneis de Poder, agás un. Torturado até a morte por Sauron.
D
- Denethor: Mordomo de Gondor durante os eventos do Señor dos Aneis. Cometeu suicidio durante o asedio de Gondor.
E
- Eärendil e Elwing: parella de semielfos, heroes na guerra da Ira así como proxenitores das liñaxes reais dos númenoreanos e dos dúnedain a través dos seus fillos Elrond e Elros.
- Elaraña: Araña monstruosa e último enxendro notable de Ungoliant.
- Elendil: Nobre númenoreano cuxos fillos fundan os reinos de Arnor e Gondor na Terra Media. Asasinado durante a batalla final entre Sauron e a Última Alianza entre Elfos e Homes.
- Elrond: Gobernante do refuxio elfo de Valfendido. Fillos dos semielfos Eärendil e Elwing, marido de Celebrian, pai de Arwen, Elladan e Elrohir.
- Éomer: Irmán de Éowyn, sobriño e herdeiro de Théoden, rei de Rohan. Xenro do príncipe Imrahil de Dol Amroth.
- Éowyn: Irmá de Éomer e membro da casa real de Rohan. Acabo co Rei Bruxo de Angmar. Casou con Faramir despois da guerra do Anel.
F
- Faramir: Fillo de Denethor II de Gondor, irmán de Boromir, e marido de Éowyn despois da guerra do Anel.
- Fëanor: Fillo de Finwë e Míriel. O máis grande ferreiro Noldorin que xamais existiu, forxou as tres xoias coñecidas como Silmarils. Asasinado por balrogr.
- Finrod Felagund: Neto de Finwë e rei elfo de Nargothrond. Morreu das feridas provocadas por salvar ao seu amigo Beren dun lobishome.
- Finwë e Míriel: Pais de Fëanor e líderes dos migrantes Noldorin ás Terras Imperecedoiras. Míriel morre dando a luz,mentres que Finwë é asasinado por Morgoth.
G
- Galadriel: Elfa gobernante de Lothlórien xunto co seu marido Celeborn. Parente de numerosos personaxes notables no legendarium de Tolkien a través da liña de sangue e do parentesco.
- Samsagaz Gamllí: Compañeiro leal de Frodo Bulseiro durante a súa viaxe a Mordor para destruír o Anel Único.
- Gandalf: Un mago membro da Irmandade do Anel. Asasinado en batalla en Moria, regresa na forma de Gandalf o branco para derrotar a Sauron.
- Gardián da Auga: Unha misteriosa criatura acuática que vive nun estanque gardando as portas de Moria.
- Glorfindel: Señor elfo Noldorin notable pola súa morte e resurrección no legendarium de Tolkien.
- Gimli: Anano membro da Irmandade do Anel e personaxe principal na obra O Señor dos Aneis.
- Gollum: Posuidor do Anel Único ata que o perde e é atopado por Bilbo Bulseiro. Cae no interior do volcán xunto co anel xusto despois de quitarllo a Frodo Bulseiro.
- Gríma: Aliado de Saruman que ofrece falso consello a Théoden, rei de Rohan. Asasinado pola milicia hobbit durante o capítulo "Limpando a Comarca".
H
- Húrin: Guerreiro humano da Primeira Idade, o pai de Túrin Turambar.
I
- Isildur: Filllo de Elendil, e cofundador do reino de Gondor. Tomou o Anel Único de Sauron a finais da Segunda Idade, mais despois foi traizoado polo anel e asasinado por orcos.
L
- Legolas: Membro elfo da Irmandade do Anel e personaxe principal na obra O Señor dos Aneis.
- Lúthien e Beren: Os devanceiros da liñaxe dos semielfos.
M
- Maedhros: Señor elfo Noldorin e o maior dos fillos de Fëanor. Suicidouse despois de recuperar un dos Silmarils perdidos.
- Melian: Maia que tomou a forma física dun elfo. Raíña de Doriath na Primeira Idade. Esposa de Elu Thingol e nai de Lúthien.
- Morgoth: O primeiro señor escuro do legendarium de Tolkien, coñecido orixinalmente como Melkor. Foi sucedido por Sauron logo da súa derrota e desterro polos Valar despois da guerra da ira.
R
- Radagast: un dos cinco Istari ou magos, que ten unha grande afinidade coa natureza.
S
- Saruman: Un mago da Terra Media, outrora o líder dos Istari. Intentou formar o seu propio imperio como rival de Sauron e foi derrotado na batalla do Abismo de Helmo. Asasinado por Gríma durante o episodio "Limpando a Comarca".
- Sauron: O principal antagonista na obra O Señor dos Aneis. Creou o Anel Único, e foi destruído ao ser fundido o anel a finais do Regreso do Rei.
- Smaug: Un dragón e principal antagonista na obra O hobbit. Asasinado por Bardo o Arqueiro.
T
- Théoden: Rei de Rohan, tío de Éomer e Éowyn. Caeu en combate durante a batalla dos Campos de Pelennor.
- Thingol: Rei elfo dos sindarin de Doriath na Primeira Idade. Marido de Melian e pai de Lúthien. Asasinado por ananos por unha disputa sobre un dos Silmarils.
- Thranduil: Rei elfo do reino do Bosque Escuro, pai de Legolas.
- Thorin Escudo de Carballo: Nobre anano que lidera unha compañía para recuperar Erebor do dragón Smaug na obra O hobbit. Asasinado durante a batalla dos Cinco Exércitos.
- Tom Bombadil: Unha misteriosa figura que axudou aos hobbits durante a súa saída da Comarca na obra A Irmandade do Anel.
- Peregrin Tuc: Un hobbit membro da Irmandade do Anel e compañeiro de Frodo Bulseiro. Serviu como garda da Cidade de Minas Tirith durante a guerra do Anel.
- Tuor e Idril: Heroes da Primeira Idade e pais de Eärendil, sendo a segunda unión matrimonial entre homes e elfos. Abandonou a Terra Media para dirixirse a Valinor, onde se di que Tuor forma parte das liñaxes dos elfos.
- Túrin Turambar: Heroe da Primeira Idade que se ve envolto nun tráxico destino xunto co resto da súa familia e que finalmente se suicidou.
U
- Ungoliant: Espírito de araña monstruoso. Proxenitor das Grandes arañas e de Elaraña.