Pete Sampras
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1971 ![]() Washington, D.C., Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||
Residencia | Bel Air ![]() | ||||||||||||||||||||
Educación | Palos Verdes High School (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg ![]() | ||||||||||||||||||||
Lateralidade | destro ![]() | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1988–2003) ![]() | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Partido político | California Republican Party (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 43.280.489 $ ![]() | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres ![]() | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | one-handed forehand (en) ![]() ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 ![]() |
||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Bridgette Wilson (2000–) ![]() | ||||||||||||||||||||
Fillos | Christian Sampras, Ryan Sampras ![]() | ||||||||||||||||||||
Irmáns | Stella Sampras ![]() | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
Sitio web | petesampras.com ![]() | ||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Peter "Pete" Sampras, nado na cidade de Washington o 12 de agosto de 1971, é un ex xogador profesional de tenis estadounidense. Os seus duelos co seu compatriota Andre Agassi axudaron na súa época a levantar o interese do público polo tenis e sementaron unha das rivalidades máis apaixonantes da historia do tenis.
Traxectoria
Pete Sampras, é o terceiro fillo de Sam e Georgia Sampras. Xa desde tenra idade, mostrou extraordinarias calidades atléticas. Tras descubrir unha raqueta no soto, pasaba horas golpeando unha pelota contra un frontón. En 1978 os Sampras mudáronse a Palos Verdes (California), onde o clima máis benigno permitíalle xogar unha maior cantidade de horas ao mozo Pete.
A familia inscribiuse no "Peninsula Racquet Club", onde o talento de Pete fíxose evidente. Á idade de 11 anos, xa incorporara ao seu xogo o sólido servizo e as voleas que serían unha marca rexistrada ao longo de toda a súa carreira.
O 30 de setembro de 2001, Sampras casou coa actriz Bridgette Wilson.
Carreira
A carreira de Sampras no circuíto profesional empezou en 1988. A súa primeira vitoria nun torneo ocorreu en 1990 no campo sintético de Filadelfia, derrotando na final ao ecuatoriano Andrés Gómez, que ese mesmo ano conquistou Roland Garros. A súa primeiro vitoria nun torneos de Grand Slam foi no Aberto dos Estados Unidos de 1990, onde derrotou entre outros a Ivan Lendl, John McEnroe e na final a un mozo e prometedor Andre Agassi. Con 19 anos e 28 días, Sampras converteuse no xogador de menor idade en obter o título de cabaleiros no Aberto dos Estados Unidos. A rivalidade entre Agassi e Sampras prolongouse durante os 90.
En 1991 Sampras conquistou 5 títulos, incluíndo o seu primeiro ATP Tour World Championships equivalente á actual Tennis Masters Cup en Frankfurt. En 1992 logrou o seu primeiro título en clay (a superficie máis adversa para o seu xogo) en Kitzbuhel e alcanzou a final do US Open onde perdeu co sueco Stefan Edberg. Tamén foi parte do equipo campión de Copa Davis dese ano.
1993 viuno alcanzar o Nº1 do mundo en abril dese ano, o que foi algo sorpresivo entón, xa que Sampras non lograra ningún título de Grand Slam recentemente. As dúbidas quedaron de lado cando ese mesmo ano conquistou o primeiro dos seus títulos en Wimbledon derrotando na final ao seu compatriota Jim Courier. Alí iniciaríase unha serie de 7 títulos de Wimbledon en 8 anos. Non conforme con iso conquista o US Open dese ano ante o francés Cedric Pioline e finaliza a tempada como o claro nº1 do mundo cun récord de máis de 1.000 aces nesa tempada.
En 1994 conquista 10 torneos, incluíndo os bicampionatos en Wimbledon ante Goran Ivanisevic e no ATP Tour World Championship en Frankfurt. Ese ano conquistou o seu primeiro Aberto de Australia ante Todd Martin, polo cal poñería moita énfase en mellorar o seu xogo para conquistar o po de ladrillo de Roland Garros e completar así as vitorias nos catro torneos do Grand Slam.
Así como a herba de Wimbledon resaltou as virtudes deste xogador, o po de ladrillo foi un dos seus poucos puntos débiles, xa que nesta superficie o seu xogo de saque e volea podía ser máis facilmente neutralizado. Sampras nunca puido ir máis aló das semifinais no Aberto de Francia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Pete_Sampras.jpg/220px-Pete_Sampras.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Pete_Sampras_crop.jpg/220px-Pete_Sampras_crop.jpg)
En 1995 conquista 5 títulos incluíndo o seu terceiro Wimbledon (derrota a Boris Becker) e o seu terceiro US Open derrotando a Andre Agassi e tomándose desquite da derrota sufrida ante el na final do Aberto de Australia dese ano. Ese ano converteríase no primeiro xogador en gañar máis de 5.000.000 de dólares en premios.
Foi recoñecido amplamente polo seu xogo completo e o seu espírito competitivo. É o posuidor do récord de títulos de Grand Slam, cun total de 14 (7 en Wimbledon, 5 Abertos dos Estados Unidos e 2 Abertos de Australia). Sampras é tamén o único xogador que logrou manterse durante 6 anos consecutivos ao tope do ránking mundial.
1996 viu cortar a secuencia de 25 vitorias consecutivas de Sampras en Wimbledon véndose sorprendido nos cuartos de final polo holandés Richard Krajicek. Porén ese ano conquistou 8 títulos incluíndo o seu cuarto título e segundo consecutivo no US Open (ante Michael Chang) e o seu terceiro título de mestres en Hannover.
En 1997 conquistou a súa segunda copa no Aberto de Australia (derrotou a Carlos Moya) e o seu cuarto título en Wimbledon (ante Cedric Pioline) así como o seu cuarto trofeo no ATP Tour World Championships en Hannover.
En 1998 converteuse no primeiro xogador da historia en terminar o ano como Nº1 do mundo por 6 anos consecutivos (Jimmy Connors lográrao 5 veces seguidas). Logrou 4 títulos, todos en superficies diferentes, incluíndo o seu quinto Wimbledon nunha final de 5 sets ante Goran Ivanisevic.
1999 foi o ano do seu arquirrival da década, Andre Agassi, o que non impediu que Sampras se fixese co seu sexto título en Wimbledon, xustamente ante Agassi ademais doutros 4. Este ano marcou os primeiros problemas físicos importantes de Sampras que o obrigaron a descansar 2 meses, impedíndolle defender o seu título no US Open e caendo ao Nº3 do ránking. Obtivo o seu 5º torneo do ATP Tour World Championships ante Agassi quen o derrotou previamente na fase de Round Robin.
En 2000 obtivo a súa sétima coroa de Wimbledon ante Patrick Rafter, converténdose no líder histórico de conquistas de Grand Slam con 13 superando a anterior marca de 12 de Rod Laver terminando o seu noveno ano consecutivo dentro do top 3. Alcanzou a final do US Open caendo ante a nova promesa rusa Marat Safin o que repitiría o ano seguinte caendo ante o australiano Lleyton Hewitt.
En 2002 logo dunha tempada de lesións e malos resultados produciu unha sorprendente levantada no US Open alcanzando a final e vencendo nada menos que a Andre Agassi na final en 4 sets no que sería a última presentación de Sampras como profesional. Retirouse en grande conquistando o seu 14º título de Grand Slam e despois de ter demostrado ser un dos mellores tenistas da historia.
No 2005 a revista Tennis Magazine elixiuno como o mellor tenista de todos os tempos.
Sampras xogou o seu primeiro partido despois do retiro nunha exhibición ante Robby Ginepri en Houston no 2006, antes de celebrarse o torneo ATP desa cidade.
Familia e vida persoal
Sampras casou o 30 de setembro de 2000 coa actriz norteamericana Bridgette Wilson. Con ela ten dous fillos: Christian Charles e Ryan Nikolaos.
Pete sofre de talasemia, unha enfermidade hereditaria que lle causa anemia.
A súa actitude ante a prensa e o mundo é moi cauta, polo que recibiu críticas pola súa falta de carisma. Igualmente, a súa ética deportiva e de traballo é irreprochábel e os seus resultados falan por si mesmos.
Sábese de Sampras que é un entusiasta dos bos costumes e gústalle ter actitudes de gran cabaleiro. Antes de propoñer casamento á súa esposa chamou aos pais dela para pedirlles a súa man e a bendición.
Sampras é un fanático do equipo de baloncesto Los Angeles Lakers.
Torneos de Grand Slam
Campión Individuais (14)
Ano | Campionato | Oponente na final | Resultado en final |
1990 | US Open | ![]() |
6-4 6-3 6-2 |
1993 | Wimbledon | ![]() |
7-6(3) 7-6(6) 3-6 6-3 |
1993 | US Open | ![]() |
6-4 6-4 6-3 |
1994 | Aberto de Australia | ![]() |
7-6(4) 6-4 6-4 |
1994 | Wimbledon | ![]() |
7-6(2) 7-6(5) 6-0 |
1995 | Wimbledon | ![]() |
6-7(5) 6-2 6-4 6-2 |
1995 | US Open | ![]() |
6-4 6-3 4-6 7-5 |
1996 | US Open | ![]() |
6-1 6-4 7-6(3) |
1997 | Aberto de Australia | ![]() |
6-2 6-3 6-3 |
1997 | Wimbledon | ![]() |
6-4 6-2 6-4 |
1998 | Wimbledon | ![]() |
6-7(2) 7-6(9) 6-4 3-6 6-2 |
1999 | Wimbledon | ![]() |
6-3 6-4 7-5 |
2000 | Wimbledon | ![]() |
6-7(10) 7-6(5) 6-4 6-2 |
2002 | US Open | ![]() |
6-3 6-4 5-7 6-4 |
Finalista en Individuais (4)
Ano | Campionato | Oponente na final | Resultado en final |
1992 | US Open | ![]() |
6-3 4-6 6-7(5) 2-6 |
1995 | Aberto de Australia | ![]() |
6-4 1-6 6-7(6) 4-6 |
2000 | US Open | ![]() |
4-6 4-6 3-6 |
2001 | US Open | ![]() |
6-7(4) 1-6 1-6 |
Títulos (66)
Individuais (64)
Lenda |
Grand Slam (14) |
Tennis Masters Cup (5) |
ATP Masters Series (11) |
ATP Tour (34) |
Nº | Data | Torneo | Superficie | Opoñente na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1. | 19 de febreiro de 1990 | Filadelfia, Estados Unidos | Cartafol | Andrés Gómez (Ecuador) | 7-6 7-5 6-2 |
2. | 18 de xuño de 1990 | Manchester, Reino Unido | Céspede | Gilad Bloom (Israel) | 7-6 7-6 |
3. | 27 de agosto de 1990 | US Open, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-4 6-3 6-2 |
4. | 11 de decembro de 1990 | Grand Slam Cup, Alemaña | Cartafol | Brad Gilbert (Estados Unidos) | 6-3 6-4 6-2 |
5. | 29 de xullo de 1991 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Brad Gilbert (Estados Unidos) | 6-2 6-7 6-3 |
6. | 12 de agosto de 1991 | Indianápolis, Estados Unidos | Dura | Boris Becker (Alemaña) | 7-6 3-6 6-3 |
7. | 14 de outubro de 1991 | Lión, Francia | Cartafol | Olivier Delaitre (Francia) | 6-1 6-1 |
8. | 12 de novembro de 1991 | ATP Tour World Championships, Alemaña | Cartafol | Jim Courier (Estados Unidos) | 3-6 7-6 6-3 6-4 |
9. | 17 de febreiro de 1992 | Filadelfia, Estados Unidos | Cartafol | Amos Mansdorf (Israel) | 6-1 7-6 2-6 7-6 |
10. | 20 de xullo de 1992 | Kitzbühel, Austria | Terra batida | Alberto Mancini (Arxentina) | 6-3 7-5 6-3 |
11. | 10 de agosto de 1992 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Ivan Lendl (Estados Unidos) | 6-3 3-6 6-3 |
12. | 17 de agosto de 1992 | Indianápolis, Estados Unidos | Dura | Jim Courier (Estados Unidos) | 6-4 6-4 |
13. | 19 de outubro de 1992 | Lión, Francia | Cartafol | Cédric Pioline (Francia) | 6-4 6-2 |
14. | 11 de xaneiro de 1993 | Sydney, Australia | Dura | Thomas Muster (Austria) | 7-6 6-1 |
15. | 12 de marzo de 1993 | Miami, Estados Unidos | Dura | MaliVai Washington (Estados Unidos) | 6-3 6-2 |
16. | 5 de abril de 1993 | Toquio,Xapón | Dura | Brad Gilbert (Estados Unidos) | 6-2 6-2 6-2 |
17. | 12 de abril de 1993 | Hong Kong, Hong Kong | Dura | Jim Courier (Estados Unidos) | 6-3 6-7 7-6 |
18. | 21 de xuño de 1993 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Jim Courier (Estados Unidos) | 7-6 7-6 3-6 6-3 |
19. | 30 de agosto de 1993 | US Open, Estados Unidos | Dura | Cédric Pioline (Francia) | 6-4 6-4 6-3 |
20. | 18 de outubro de 1993 | Lión, Francia | Cartafol | Cédric Pioline (Francia) | 7-6 1-6 7-5 |
21. | 8 de novembro de 1993 | Anveres, Bélxica | Cartafol | Magnus Gustafsson (Suecia) | 6-1 6-4 |
22. | 10 de xaneiro de 1994 | Sydney, Australia | Dura | Ivan Lendl (Estados Unidos) | 7-6 6-4 |
23. | 17 de xaneiro de 1994 | Aberto de Australia, Australia | Dura | Todd Martin (Estados Unidos) | 7-6 6-4 6-4 |
24. | 28 de febreiro de 1994 | Indian Wells, Estados Unidos | Dura | Petr Korda (República Checa) | 4-6 6-3 3-6 6-3 6-2 |
25. | 11 de marzo de 1994 | Miami, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 5-7 6-3 6-3 |
26. | 28 de marzo de 1994 | Osaca, Xapón | Dura | Lionel Roux (Francia) | 6-2 6-2 |
27. | 4 de abril de 1994 | Toquio, Xapón | Dura | Michael Chang (Estados Unidos) | 6-4 6-2 |
28. | 9 de maio de 1994 | Roma, Italia | Terra batida | Boris Becker(Alemaña) | 6-1 6-2 6-2 |
29. | 20 de xuño de 1994 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Goran Ivanisevic (Croacia) | 7-6 7-6 6-0 |
30. | 7 de novembro de 1994 | Anveres, Bélxica | Cartafol | Magnus Larsson (Suecia) | 7-5 6-4 |
31. | 15 de novembro de 1994 | ATP Tour World Championships, Alemaña | Cartafol | Boris Becker (Alemaña) | 4-6 6-3 7-5 6-4 |
32. | 6 de marzo de 1995 | Indian Wells, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 7-5 6-3 7-5 |
33. | 12 de xuño de 1995 | Londres/Queen's Club, Reino Unido | Céspede | Guy Forget (Francia) | 7-6 7-6 |
34. | 26 de xuño de 1995 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Boris Becker (Alemaña) | 6-7 6-2 6-4 6-2 |
35. | 28 de agosto de 1995 | US Open, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-4 6-3 4-6 7-5 |
36. | 30 de outubro de 1995 | París, Francia | Cartafol | Boris Becker (Alemaña) | 7-6 6-4 6-4 |
37. | 12 de febreiro de 1996 | San Jose, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-2 6-3 |
38. | 19 de febreiro de 1996 | Memphis, Estados Unidos | Dura | Todd Martin (Estados Unidos) | 6-4 7-6 |
39. | 8 de abril de 1996 | Hong Kong, Hong Kong | Dura | Michael Chang (Estados Unidos) | 6-3 3-6 6-4 |
40. | 15 de abril de 1996 | Toquio, Xapón | Dura | Richey Reneberg (Estados Unidos) | 6-4 7-5 |
41. | 12 de agosto de 1996 | Indianápolis, Estados Unidos | Dura | Goran Ivanisevic (Croacia) | 7-6 7-5 |
42. | 26 de agosto de 1996 | US Open, Estados Unidos | Dura | Michael Chang (Estados Unidos) | 6-1 6-4 7-6 |
43. | 23 de setembro de 1996 | Basilea, Suíza | Dura | Hendrik Dreekman (Alemaña) | 7-5 6-2 6-0 |
44. | 19 de novembro de 1996 | ATP Tour World Championships, Alemaña | Cartafol | Boris Becker (Alemaña) | 3-6 7-6 7-6 6-7 6-4 |
45. | 13 de xaneiro de 1997 | Aberto de Australia, Australia | Dura | Carlos Moyá (España) | 6-2 6-3 6-3 |
46. | 10 de febreiro de 1997 | San Jose, Estados Unidos | Dura | Greg Rusedski (Reino Unido) | 3-6 5-0 ret. |
47. | 24 de febreiro de 1997 | Filadelfia, Estados Unidos | Dura | Patrick Rafter (Australia) | 5-7 7-6 6-3 |
48. | 23 de xuño de 1997 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Cédric Pioline (Francia) | 6-4 6-2 6-4 |
49. | 4 de agosto de 1997 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Thomas Muster (Austria | 6-3 6-4 |
50. | 23 de setembro de 1997 | Grand Slam Cup, Alemaña | Cartafol | Patrick Rafter (Australia) | 6-2 6-4 7-5 |
51. | 27 de outubro de 1997 | París, Francia | Cartafol | Jonas Björkman (Suecia) | 6-3 4-6 6-3 6-1 |
52. | 10 de novembro de 1997 | ATP Tour World Championships, Alemaña | Dura | Yeygeny Kafelnikov (Rusia) | 6-3 6-2 6-2 |
53. | 23 de febreiro de 1998 | Filadelfia, Estados Unidos | Dura | Thomas Enqvist (Suecia) | 7-5 7-6 |
54. | 27 de abril de 1998 | Atlanta, Estados Unidos | Terra batida | Jason Stoltenberg (Australia) | 6-7 6-3 7-6 |
55. | 22 de xuño de 1998 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Goran Ivanisevic (Croacia) | 6-7 7-6 6-4 3-6 6-2 |
56. | 12 de outubro de 1998 | Viena, Austria | Cartafol | Karol Kucera (Eslovaquia) | 6-3 7-6 6-1 |
57. | 7 de xuño de 1999 | Londres/Queen's Club, Reino Unido | Céspede | Tim Henman (Reino Unido) | 6-7 6-4 7-6 |
58. | 21 de xuño de 1999 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-3 6-4 7-5 |
59. | 26 de xullo de 1999 | Os Ánxeles, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 7-6 7-6 |
60. | 9 de agosto de 1999 | Cincinnati, Estados Unidos | Dura | Patrick Rafter (Australia) | 7-6 6-3 |
61. | 22 de novembro de 1999 | ATP Tour World Championships, Alemaña | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-1 7-5 6-4 |
62. | 20 de marzo de 2000 | Miami, Estados Unidos | Dura | Gustavo Kuerten (Brasil) | 6-1 6-7 7-6 7-6 |
63. | 26 de xuño de 2000 | Wimbledon, Reino Unido | Céspede | Patrick Rafter (Australia) | 6-7 7-6 6-4 6-2 |
64. | 26 de agosto de 2002 | US Open, Estados Unidos | Dura | Andre Agassi (Estados Unidos) | 6-3 6-4 5-7 6-4 |
Dobres (2)
Finalista en individuais (23)
- 1991: Filadelfia, Manchester, Masters de Cincinnati, Masters de París
- 1992: Atlanta, US Open
- 1993: Francfort Masters
- 1994: Londres/Queen's Club, Grand Slam Cup (Múnic)
- 1995: Aberto de Australia, Masters de Miami, Masters do Canadá, Lión
- 1996: Masters de Stuttgart
- 1998: San Jose, Masters de Cincinnati, Masters de París
- 2000: Londres/Queen's Club, US Open
- 2001: Masters de Indian Wells, Os Ánxeles, Long Island, US Open
- 2002: Houston
Récords
- Xogador con maior cantidade de Grand Slam gañados con 14.
- Único xogador en terminar 1º da clasificación durante 6 anos consecutivos
- Maior cantidade de semanas como Nº1 do mundo con 286 en total
- Un dos 4 xogadores xunto a Jimmy Connors, Ivan Lendl e Andre Agassi en estar máis de 10 anos como top ten, con 12 anos en total.
- Cuarto na historia en cantidade de título con 64
- Terceiro xogador con maior cantidade de torneos Masters Series con 11 (estes torneos impuxéronse a partir de 1990) detrás de Andre Agassi e Roger Federer
- Apareceu en polo menos 1 final de Grand Slam en 11 anos consecutivos (1992-2002), gañando polo menos 1 en 8 deles en forma consecutiva (1993-2000)
- Un de dous xogadores, xunto a Ken Rosewall en gañar Grand Slam como adolescente, nos 20s e aos 30s
- Xogador con maior cantidade de Masters Cup xunto a Ivan Lendl con 5
- A súa récord de Copa Davis é de 19-9 (15-8 en singles) con dúas ensaladeras obtidas (1992 e 1995)
- A súa máis longa secuencia de partidos gañados consecutivamente é de 29
- Décimo primeiro xogador na historia en alcanzar o número 1 do ránking (desde 1973).
- Xogador máis novo en gañar o US Open con 19 anos e 28 días en 1990
- A súa carreira posúe 762 vitorias e 222 derrotas o que fai unha porcentaxe do 77% de partidos gañados sobre 15 anos de competición.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial de Pete Sampras Arquivado 27 de novembro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
- Perfil ATP (en inglés).