Falk apareceu en numerosos filmes e como actor convidado en series de televisión. Foi candidato dúas veces aos Óscar, a primeira polo filme Murder, Inc. (1960) e a segunda por Pocketful of Miracles (1961). Tamén gañou cinco Emmy, un polo telefilme The Price of Tomatoes (1962) e catro por Colombo, recibindo unha vez tamén o Globo de Ouro.
Na intersección das rúas Falk Miksa utca e Szent István korut da capital húngara, Budapest, Falk conta cunha estatua, lembrando deste modo a súa ascendencia húngara.