Peyton Manning
No. 18 | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición: | Quarterback | ||||||||||||||
Información persoal | |||||||||||||||
Nacemento: | 24 de marzo de 1976 (47 anos) | ||||||||||||||
Lugar: | Nova Orleáns, Luisiana | ||||||||||||||
Altura: | 6 ft 5 in (1,96 m) | ||||||||||||||
Peso: | 230 lb (104 kg) | ||||||||||||||
Información da carreira | |||||||||||||||
Instituto: | New Orleans (LA) Newman | ||||||||||||||
Universidade: | Tennessee | ||||||||||||||
NFL Draft: | 1998 / Rolda: 1 / Pick: 1 | ||||||||||||||
Historial de equipos | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Premios e galardóns | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Estatísticas NFL | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Peyton Williams Manning, nado o 24 de marzo de 1976 en Nova Orleáns, Luisiana, é un ex xogador profesional de fútbol americano estadounidense que xogou durante dezaoito temporadas na National Football League (NFL) na posición de querterback. Considerado un dos mellores quarterbacks de todos os tempos,[1] xogou durante catorce temporadas nos Indianapolis Colts e durante as súas últimas catro nos Denver Broncos. A nivel universitario xogou para o equipo da Universidade de Tennessee, liderando os "Volunteers" cara ao título da SEC en 1997. É o segundo fillo do ex- quarteback da NFL Archie Manning e irmán máis vello do quarterback dos New York Giants Eli Manning.
Manning foi seleccionado no primeiro posto do Draft da NFL de 1998 polos Colts. Na súa etapa en Indianápolis conseguiu converter a franquía nun dos principais contendentes aos títulos e levou o equipo a oito títulos de división, dous campionatos de conferencia e unha Super Bowl, a primeira dos Colts en trinta anos. Despois de ser sometido a unha intervención cirúrxica no pescozo, que o levou a perder a temporada 2011, Manning mudou de equipo e asinou cos Denver Broncos, equipo ao que axudou a gañar o títuo de divisón e cada un dos seus catro anos na franquía, e finalizou a súa carreira coa vitoria na Super Bowl 50.
Notas
- ↑ Reevy, Matt (08-09-2015). "NFL: 5 Greatest Passing Quarterbacks of All Time" (en inglés). Sports CheatSheet. Arquivado dende o orixinal o 30-04-2016. Consultado o 28-08-2017.