Phil Collins

Phil Collins
Collins no 2007.
Nome completoPhilip David Charles Collins
Data nacemento30 de xaneiro de 1951 (73 anos)
Nado enChiswick, Londres, Inglaterra Inglaterra
CónxuxeOrianne Cevey e Andrea Bertorelli
FillosJoely Collins, Lily Collins, Simon Collins, Matthew Collins e Nicholas Collins
OcupaciónCantante, compositor, batería, pianista e actor
XéneroPop[1][2]
soft rock[3][4]
progressive rock[5]
art rock[1]
jazz fusion[6]
Instrumento(s)Voz, batería e teclado
Selo(s) discográfico(s)Virgin
Atlantic
WEA
Walt Disney
Rhino
Relacionado conGenesis
Brand X
Flaming Youth
Lily Collins
Eric Clapton
Earth, Wind & Fire
Brian Eno
Robert Plant
The Phil Collins Big Band
Tempo en activo1968–2011, 2015–presente
Na rede
philcollins.co.uk
IMDB: nm0002015 Allocine: 19725 Rottentomatoes: celebrity/phil_collins Allmovie: p85557 Metacritic: person/phil-collins TV.com: people/phil-collins IBDB: 405841
Facebook: philcollins Twitter: philcollinsfeed Instagram: officialphilcollins MySpace: philcollins Youtube: UC4JeRiQvPQ_nb1BZWjk9QoA Souncloud: phil-collins-official Spotify: 4lxfqrEsLX6N1N4OCSkILp iTunes: 153718 Last fm: Phil+Collins Musicbrainz: 401c3991-b76b-499d-8082-9f2df958ef78 Songkick: 495060 Discogs: 101028 Allmusic: mn0000337119 WikiTree: Collins-6208 Deezer: 186 Genius: Phil-collins Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Philip David Charles Collins, nado o 30 de xaneiro de 1951[7] en Chiswick (Londres, Inglaterra), máis coñecido como Phil Collins, é un cantante, compositor, batería, pianista e actor británico, e un dos artistas de maior éxito da música rock.[8] Collins foi nomeado tenente da Real Orde Vitoriana (LVO).

Traxectoria

Entre 1984 e 1989, Phil Collins liderou a lista de éxitos estadounidense Billboard Top 100 como cantante en oito ocasións, sete como solista e unha con Genesis, banda da que foi membro entre 1970 e 1996.

Tras a saída de Peter Gabriel en 1975 converteuse no cantante solista do grupo, co que tivo algunha colaboración esporádica dende 2007.

As súas cancións a miúdo tratan de amores perdidos, temas persoais e sobre o problema mundial da pobreza e o consumo de drogas. Segundo datos de Atlantic Records (de 2002) as vendas correspondentes á súa carreira en solitario acadaron os 150 millóns de discos en todo o mundo.[9] Collins gañou numerosos premios musicais ó longo de toda a súa carreira, incluíndo sete Premios Grammy, cinco Premios Brit, entre eles mellor artista británico en tres ocasións, un Premio da Academia e dous Globos de Ouro polo seu traballo en bandas sonoras.[10][11] Foi incluído no Salón da Fama do Rock como membro de Genesis en 2010.

Collins é un dos tres artistas pop, xunto con Paul McCartney e Michael Jackson, que venderon máis de 100 millóns de álbums en todo o mundo tanto na súa carreira en solitario como formando parte dunha banda. Contando o seu traballo con Genesis, as súas contribucións con outros artistas, e a súa exitosa carreira en solitario, Collins obtivo máis de corenta éxitos que encabezaron a lista do «Billboard Hot 100» durante a década de 1980.[12]

No 2008, Collins ocupou o posto número 22 na lista de «Os 100 mellores artistas de todos os tempos segundo o Billboard Hot 100».[13]

O 7 de marzo de 2011, fíxose pública a súa retirada do mundo musical por problemas de saúde e por non sentirse cómodo coa industria musical en xeral. No 2015, anuncia o seu regreso ao mundo da música, incluíndo novo álbum e a súa correspondente xira de soporte.

Notas

  1. 1,0 1,1 Ruhlmann, William. AllMusic, ed. "Phil Collins Biography". Consultado o 16 de abril de 2014. 
  2. Payne, Ed (29 de outubro de 2015). CNN, ed. "Phil Collins' fans rejoice: Artist announces end of retirement". 
  3. Wardrop, Murray (8 de maio de 2009). The Daily Telegraph, ed. "Ozzy Osbourne: 'I love Phil Collins'". Consultado o 23 de decembro de 2015. 
  4. 80music.about.com (ed.). "'80s Soft Rock/Adult Contemporary Artists – Top 10 Soft Rock/Adult Contemporary Artists of the '80s". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  5. Eder, Bruce. AllMusic, ed. "Genesis Biography". Consultado o 16 de abril de 2014. 
  6. Huey, Steve. AllMusic, ed. "Brand X Biography". Consultado o 16 de abril de 2014. 
  7. Allmusic (ed.). "Phil Collins Biography". Consultado o 16 de abril de 2014. 
  8. GRO Register of Births MAR 1951 5e 137 EALING – Philip D. C. Collins, mmn = Strange
  9. “Phil Collins Celebrates TESTIFY with Weekend Today Performance and NYC In-Store” 11/15/02
  10. Brit Awards: Phil Collins Brits.co.uk.
  11. Past Winners: Phil Collins Grammy.com.
  12. "Pop Notes". Newsday. 
  13. "Billboard Hot 100 Chart 50th Anniversary". Billboard. 

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.