Philadelphia Union
Philadelphia Union | |||
---|---|---|---|
Nome | Philadelphia Union | ||
Alcume(s) | The U, Philly | ||
Fundación | 2008 | ||
Estadio | Talen Energy Stadium Chester, Pensilvania Estados Unidos | ||
Inauguración | 27/06/2010 [1] | ||
Capacidade | 18,500 | ||
Propietario | Keystone S&E | ||
Adestrador | Jim Curtin | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2015 | Leste: 6º Global: 13º Playoffs: Primeira ronda | ||
Na rede | |||
http://www.philadelphiaunion.com/ | |||
| |||
O Philadelphia Union é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Filadelfia e xoga os seus partidos en Chester, Pensilvania polo que xoga na Conferencia Leste. A franquía xoga na MLS dende o ano 2010 .[2] As cores principais do equipo son o azul mariño e o ouro, a súa segunda equipación é branca con detalles cas cores principais do club.
Historia
Nacemento
A creación desta franquía provocouse polo traballo dos seus siareiros. En 2007 os amantes do fútbol da cidade de Filadelfia crearon a asociación Fillos de Ben, esta asociación tiña como propósito crear un equipo da MLS na cidade. O traballo da asociación deu fruto no ano 2009 cando anunciabase a creación do Philadelphia Union e a súa estrea na tempada 2010. O nome "Unión" representa a unión entre as 13 colonias durante a guerra de independencia, e as súas cores —azul mariño e ouro— son un tributo ós uniformes do Exército Continental.[3]
Primeiras tempadas
No primeiro ano a franquía rematou na décimo cuarta posición, comezaron a tempada xogando no Lincoln Financial Field e remataron no PPL Park, nos dous estadios os seareiros responderon cunha gran asistencia. A pesar da mala campaña dos de Filadelfia cabe destacar a gran tempada do francés Sebastien Le Toux que marcou 14 goles e deu 11 asistencias e foi nomeado coma MVP do equipo.[4] Tras a tempada de adaptación, no ano 2011 o The U rematou terceiro na súa conferencia e clasificouse por vez primeira ós playoffs, pero non lograron superar o Houston Dynamo nas semifinais de conferencia. Este ano de novo brillou o xogo do francés Sebastien Le Toux.[5]
Tras a que fóra a primeira aparición nos playoffs da franquía, as expectativas eran altas para o Philadelphia Union na tempada de 2012. Pero o ano comezou mal coa marcha da estrela Le Toux, e seguiu cós malos resultados do equipo que provocaron o despido de Peter Nowak e chegou Jason Hackworth. O xogador máis destacado foi Carlos Valdés que foi seleccionado para xogar o MLS All-Star Game.[6] No 2013 volveu Le Toux o equipo, acompañado por outros veteranos e algunhas xoves promesas. O equipo comezou o campionato con bos resultados e na parte alta na táboa, pero un mal remate de tempada deixou a posibilidade para o Philly a tan só tres puntos.[7]
No ano 2014 a racha de resultados foi o contrario que o ano anterior, o equipou empezou moi mal o que provocou o despido de Jason Hackworth, despois da chegada do novo adestrador, Jim Curtin os resultados melloraron e remataron nun decente sexto posto, pero de novo fóra dos playoffs. O ano seguinte a franquía volveu quedar fóra dos playoffs, a pesar da ampliación da clasificacións os playoffs de seis equipos por conferencias, xa que The U remataron novenos. Na sexta tempada do equipo na MLS, o Philadelphia Union logrou a súa segunda clasificación ós playoffs pero non foron capaz de superar ó Toronto FC na primeira ronda.
Xogadores
*Actualizada a 21 de novembro de 2016[8][9]
†Este xogador está cedido polo Tombense Futebol Clube.
‡Este xogador está cedido polo Os Belenenses.
¶Este xogador está cedido polo Atlanta United FC.
Récords
Clasificación de goleadores
Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[10]
Nome | Partidos | Goles | |
---|---|---|---|
1 | Sébastien Le Toux | 189 | 53 |
2 | Jack McInerney | 101 | 28 |
3 | Conor Casey | 76 | 21 |
4 | C. J. Sapong | 64 | 16 |
5 | Chris Pontius | 36 | 14 |
6 | Danny Mwanga | 63 | 12 |
7 | Roland Alberg | 32 | 11 |
8 | Freddy Adu | 41 | 10 |
9 | Andrew Wenger | 60 | 9 |
10 | Vincent Nogueira | 72 | 9 |
En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual
Ránking máis partidos
Actualizado a 7 de xaneiro de 2017[11]
Nome | Partidos | |
---|---|---|
1 | Sébastien Le Toux | 189 |
2 | Brian Carrol | 179 |
3 | Sheanon Williams | 152 |
4 | Raymon Gaddis | 132 |
5 | Amobi Okugo | 124 |
6 | Zac MacMath | 110 |
7 | Jack McInerney | 101 |
8 | Fábinho | 98 |
9 | Michael Farfán | 90 |
10 | Carlos Valdés | 78 |
En grosa os xogadores que aínda seguen no cadro de xogadores actual
Notas
- ↑ http://www.philadelphiaunion.com/stadium/about
- ↑ "Historia do Club" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de novembro de 2016.
- ↑ http://www.philadelphiaunion.com/players
- ↑ "Philadelphia Union - Perfil del club". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Philadelphia Union - Récord de goles marcados". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.
- ↑ "Philadelphia Union - Jugador récord". www.transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 2019-02-24.