Piauí
Himno | Hino do Piauí (pt) (18 de xullo de 1923) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Piaba (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.219.257 (2017) (12,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 251.755,5 km² | ||||
Altitude | 252 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Piauí (pt) | ||||
• Governador (pt) | Wellington Dias (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Piauí (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 30) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-PI | ||||
Sitio web | piaui.pi.gov.br |
Piauí é un estado da Rexión Nordeste do Brasil. Ten por límites o estado de Maranhão ó oeste; o océano Atlántico ó norte; os estados de Ceará e Pernambuco ó leste; e o estado de Baía e parte do de Tocantins ó sur. Ten 1,64% da poboación do Brasil. A súa capital e a cidade de Teresina.
Historia
Os primeiros colonizadores chegaron ó territorio do actual estado do Piauí durante o século XVII. En 1811 este tornouse unha capitanía separada do Maranhão. Coa independencia do Brasil en 1822, tornouse unha provincia do Imperio. Despois de 1889 coa república, tornouse estado.
Xeografía
Relevo
O relevo de Piauí comprende planicies costeiras e aluvionares nas marxes do río Parnaíba e dos seus afluentes, ao centro e ao norte do Estado. Ao longo das fronteiras con Ceará, Pernambuco e Baía, nas chapadas de Ibiapaba e de Araripe, ao leste, e de Tabatinga e Mangabeira ó sur, atópanse as máis grandes altitudes do estado, situadas en torno aos 900 metros de altitude.
Entre esas zonas elevadas e o curso dos ríos que cortan o Estado (os principais: Parnaíba, Gurguéia, Fidalgo e Urubu Preto), atópanse formacións tabulares, ladeadas por escarpas acentuadas, resultantes da acción erosiva das augas.
Economía
O Piauí é un dos estados máis pobres do Brasil, e participa soamente co 0,5% do produto interno bruto do país. Os servizos representan máis de 60% do Produto Interno, a agricultura e gandería representan 9,1% e a industria 26,3% (datos de 2002). O principal centro de comercio e servizos do estado é a súa capital, Teresina.
Os principais produtos exportados son: cera vexetal (extraída de palmas), soia (introducida no estado nos anos 1990), confeccións, castaña de anacardio, cangrexos e outros crustáceos, e coiro. Non hai moitas e variadas industrias (os principais produtos industrializados veñen doutras rexións). A gandería e feita de modo extensivo, principalmente para consumo interno. O leste e sur do estado sofren coas secas periódicas do Sertão brasileiro, que afectan a gandería e agricultura e producen o éxodo de persoas para outras rexións e grandes cidades.
O turismo ten algún potencial no litoral (delta do río Parnaíba, xunto co estado do Maranhão) e nos Parques Nacionais de Sete Cidades e da Serra da Capivara, situados ó sur do estado. Pero estes dous parques nacionais sofren coa falta dun acceso máis fácil que permita un número expresivo de visitantes e, así, o turismo representa pouco para o Produto Interno do estado. O Parque Nacional da Serra da Capivara e tamén considerado un Patrimonio da Humanidade pola UNESCO polas súas pinturas rupestres.