Pica correcamiños

Ovos de Anthus berthelotii - MHNT

A pica correcamiños[3] (Anthus berthelotii) é unha pequena ave paseriforme que se reproduce no arquipélago de Madeira e nas illas Canarias. É un residente común en ambos os arquipélagos.

A pica correcamiños atópase en campo aberto. O niño fano no chan, no que poñen de 3 a 5 ovos.

É unha pequena pica de 13–14 cm de lonxitude. É unha especie pouco distintiva no chan, de cor gris pola parte dorsal e abrancazada na parte ventral, con algunhas manchas no peito. Ten unha lista superciliar e anel arredor do ollo abrancazados, ollos escuros e liñas de bigote. Os sexos son similares, mais os xoves son máis marróns que os adultos.

Esta especie ten cola máis curta e cabeza máis grande que a pica dos prados. A súa chamada é un "schrip" como o da lavandeira amarela, e unha canción, que canta en voo, é un parolear como "tsivrr tsivrr tsivrr tsivrr".

O seu nome lembra o naturalista francés Sabin Berthelot, que residiu durante un período nas illas Canarias, e deullo Carl Bolle.

Notas

  1. BirdLife International (2016). "Anthus berthelotii" 2016: e.T22718508A88185452. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-3.RLTS.T22718508A88185452.en. 
  2. Bolle, Carl (1862). "Anthus Berthelotii, eine neue Pieperart". Journal für Ornithologie 10 (5): 357–360. doi:10.1007/BF02014950. 
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

Ligazons externas