Pica mauritanica

Pega mourisca
Pica mauritanica

Pica mauritanica en Marrakech, Marrocos
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. mauritanica
Nome binomial
Pica mauritanica
Malherbe, 1845
Área de distribución de Pica mauritanica
Área de distribución de Pica mauritanica

Área de distribución de Pica mauritanica
Pica pica mauritanica - (MHNT)

A pega mourisca[2] (Pica mauritanica) é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1845 polo maxistrado e naturalista afeccionado francés Alfred Malherbe.[3]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Pica pica mauritanica Malherbe, 1845
  • Pica pica mauretanica Malherbe, 1845

Etimoloxía

Para a do xénero, ver Pica.

O epíteto específico, mauritanica, é o nominativo feminino singular do adxectivo latino mauritanicus, -a, -um, "de Mauritania", en alusión á súa área de distribución, nas provincias do Imperio romano Mauritania Tingitana e Mauritania Cesariense, no actual Magreb.

Características

Pódese distinguir da pega común (Pica pica, da que en tempos foi considerada unha subespecie), por ter unha pequena carúncula azul, lisa, tras o ollo, a zona branca do ventre máis curta, as ás máis curtas e a cola máis longa.[4]

Distribución

A pega mourisca é unha especie endémica do noroeste de África, estendéndose, nunha distribución descontinua, desde o Sáhara Occidental até Tunisia, encontrándose tamén en Marrocos, Alxeria e nos enclaves españois do norte de África. (Ver mapa).

Filoxenia

Un estudo de filoxenético publicado en 2017 descubriu que Pica mauritanica diverxeu a partir dun antepasado común co clado que contén a todos os demais membros do xénero Pica.[5]

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio do tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat e o tamaño da poboación, a que a tendencia de poboación parece ser estable e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de Vulnerábel baixo o criterio de tendencia poboacionale aínda que o tamaño da poboación non se cuantificou debe ser grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de Vulnerábel, cualifica o staus da especie como LC (Pouco preocupante).[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Pica pica na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de febreiro de 2022.
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  3. 3,0 3,1 Pica mauritanica Malherbe, 1845 no BioLib. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
  4. del Hoyo, J.; Collar, N.; Christie, D.A. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. "Maghreb Magpie (Pica mauritanica)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  5. Song, S.; Zhang, R.; Alström, P.; Irestedt, M.; Cai, T.; Qu, Y.; Ericson, P.G.P.; Fjeldså, J.; Lei, F. (2017). "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 49 (2): 1–14. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas