Pieris rapae

Pieris rapae

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
(sen clasif.): Rhopalocera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Pieridae
Tribo: Pierini
Xénero: Pieris
Especie: P. rapae
Nome binomial
Pieris rapae
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia
  • Papilio rapae Linnaeus, 1758
  • Artogeia rapae (Linnaeus, 1758)

A Pieris rapae é unha especie de insecto lepidóptero da familia Pieridae. Debe o seu nome común á atracción que as eirugas desta especie senten pola col.[1]

Mide de 30 a 50 mm de envergadura. A larva alcanza 35 mm de lonxitude. É moi parecida a Pieris brassicae, aínda que de menor tamaño. Tamén se diferencia destas porque carece dunha banda negra preto da punta do bordo das ás anteriores.[2]

Distribución e hábitat

Está moi estendida en toda Europa, norte de África e Asia.[3] Tamén foi introducida accidentalmente en América do Norte, Australia e Nova Zelandia, onde se converteu en praga en coles cultivadas e outros cultivos.

O seu hábitat é moi diverso, aínda que prefire espazos abertos. Atópalla preferentemente case en calquera lugar onde haxa crucíferas, e en menor medida caparidáceas, tropeoláceas, resedáceas e quenopodiáceas.[3]

Selección de planta hospedeira

Todas as plantas hospedeiras coñecidas teñen sustancias químicas chamadas glucosinolatos, que son o sinal que a femia necesita para a posta de ovos.

Plantas hospedeiras:

  • Brassicaceae: Arabis glabra, Armoracia lapthifolia, Armoracia aquatica, Barbarea vulgaris, Barbarea orthoceras, Barbarea verna, Brassica oleracea, Brassica rapa, Brassica caulorapa, Brassica napus, Brassica juncea, Brassica hirta, Brassica nigra, Brassica tula, Cardaria draba, Capsella bursa-pastoris (a femia deposita ovos pero as larvas non crecen), Dentaria diphylla, Descurainia Sophia, Eruca sativa, Erysimum perenne, Lobularia maritima, Lunaria annua (retarda o desenvolvemento larval), Matthiola incana, Nasturtium officinale, Raphanus sativus, Raphanus raphanistrum, Rorippa curvisiliqua, Rorippa islandica, Sisymbrium irio, Sisymbrium altissimum, Sisymbrium officinale (e var. leicocarpum), Streptanthus tortuosus, Thlaspi arvense (retarda o desenvolvemento larval ou o impide)
  • Capparidaceae: Cleome serrulata, Capparis sandwichiana
  • Tropaeolaceae: Tropaeolum majus
  • Resedaceae: Reseda odorata.[4]

Como especie invasora

É considerada unha praga nos lugares onde é unha especie invasora que fai dano aos cultivos de coles e plantas relacionadas. En Norteamérica as vespiñas parasitoides do xénero Cotesia, C. rubecula e C. glomerata, foron introducidas desde Asia como controis biolóxicos para combater a P. rapae.[5]

Notas

  1. Balmer, E. (2009). Mariposas y Polillas (en español). Bath, Reino Unido: Parragon Books. pp. 258. ISBN 978-1-4075-6768-6. 
  2. http://www.cbif.gc.ca/spp_pages/butterflies/species/CabbageWhite_e.php
  3. 3,0 3,1 Tolman, T. y Lewington, R. (2002). Guía de las Mariposas de España y Europa (en español) (1ª ed.). Barcelona, España: Lynx Edicions. p. 320. ISBN 84-87334-36-9. 
  4. Scott, James A. (1986). The butterflies of North America: a natural history and field guide. Stanford, Calif.: Stanford University Press. ISBN 0-8047-1205-0. 
  5. Dempster, J.P. (1967). "The Control of Pieris rapae with DDT. I. The Natural Mortality of the Young Stages of Pieris" 4 (2): 485–500. doi:10.2307/2401350. 

Véxase tamén

Ligazóns externas