Pieter Boel

Pieter Boel
Nacemento1622 e 22 de outubro de 1626
Lugar de nacementoAntuerpen
Falecemento3 de setembro de 1674
Lugar de falecementoParís
NacionalidadePaíses Baixos do Sur
Ocupaciónpintor e artista gráfico
FillosJan Baptist Boel II
IrmánsQuirin Boel
editar datos en Wikidata ]
Alegoría da vanidade, óleo sobre lenzo (207 x 260 cm), Palacio de Belas Artes de Lille.
Armas e instrumentos de guerra, óleo sobre lenzo, 169 x 313 cm, Madrid, Museo do Prado.

Pieter Boel, nado en Antuerpen en 1622 e finado en París en 1674, foi un ilustrador, gravador e pintor barroco flamengo, especializado na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas.

Traxectoria

Fillo do gravador Jan Boel, foi bautizado en Antuerpen o 10 de outubro de 1622. Formado na pintura con Jan Fyt, está documentada a súa presenza en Xénova entre 1647 e 1649. De regreso a Antuerpen, en 1650 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas. Cara a 1669 trasladouse a París, onde traballou ás ordes de Charles Le Brun (1619-1690) nas tapizarías reais, para as que executou un número importante de debuxos de animais, moitos actualmente conservados no Museo do Louvre, incorporados aos cartóns que servían de modelo para os tapices destinados á corte de Lois XIV.[1]

A súa especialidade animalística levouno a colaborar ocasionalmente con outros pintores, como Jacob Jordaens ou Erasmus Quellinus II. Nos seus bodegóns, nos que se manifesta a influencia de Jan Fyt, incorpora pezas de caza e ricos obxectos de alto valor decorativo. Entre eles cabe destacar algúns conservados no Museo do Prado, como Caza e cans e Armas e instrumentos de guerra.

Notas

  1. "Debuxos de Pieter Boel no Museo do Louvre.". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vlieghe, H. (2000): Arte y arquitectura flamenca, 1585-1700. Madrid, Cátedra. ISBN 84-376-1842-8, pp. 341–342.

Ligazóns externas