Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest
Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest |
Director | Gore Verbinski |
Produtor | Jerry Bruckheimer |
Guión | Ted Elliott Terry Rossio |
Baseado en | Personaxes de Stuart Beattie Jay Wolpert Ted Elliott Terry Rossio |
Intérpretes | Johnny Depp Orlando Bloom Keira Knightley Bill Nighy Stellan Skarsgård Naomie Harris Jack Davenport Tom Hollander |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Dariusz Wolski |
Montaxe | Stephen E. Rivkin Craig Wood |
Estudio | Walt Disney Pictures Jerry Bruckheimer Films |
Distribuidora | Buena Vista Pictures |
Estrea | 2006 |
Duración | 151 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | $225 000 000[1] |
Recadación | $1 066 179 725 |
Filme anterior | Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl |
Filme seguinte | Pirates of the Caribbean: At World's End |
Na rede | |
http://pirates.disney.com/pirates-of-the-caribbean-dead-mans-chest | |
Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest é un filme de aventuras estadounidense dirixido por Gore Verbinski que se estreou no 2006. É o segundo filme da saga de Piratas do Caribe, precedido por Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl e continuado por Pirates of the Caribbean: At World's End.
Sinopse
Will Turner (Orlando Bloom) e Elizabeth Swann (Keira Knightley) van casar, pero ambos son feitos prisioneiros por Lord Cutler Beckett (Tom Hollander) e acusados de ter liberado ó capitán Jack Sparrow (Johnny Depp). Para salvar a súa vida, Will terá que atopar a Jack e conseguir o seu misterioso compás de navegación, que agocha un gran poder e a clave dunha débeda de sangue co temible e sinistro Davy Jones (Bill Nighy), o lendario capitán do barco fantasma O holandés errante.
Personaxes
- Johnny Depp como Capitán Jack Sparrow
- Orlando Bloom como Will Turner
- Keira Knightley como Elizabeth Swann
- Bill Nighy como Davy Jones
- Jack Davenport como James Norrington
- Stellan Skarsgård como Bill Turner
- Kevin McNally como Joshamee Gibbs
- Tom Hollander como Lord Cutler Beckett
- Lee Arenberg como Pintel
- Mackenzie Crook como Ragetti
- Naomie Harris como Tia Dalma
- David Bailie como Cotton
- Jonathan Pryce como Gobernador Weatherby Swann
- Geoffrey Rush como Capitán Hector Barbossa
Galardóns e nomeamentos
- 2006: Oscar: Mellores efectos visuais. 4 nomeamentos.
- 2006: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor de comedia ou musical (Johnny Depp).
- 2006: BAFTA: Mellores efectos especiais. 5 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)