Pistola (moeda escocesa)
- Para outras moedas denominadas "pistola", véxase Pistola (moeda).
- Para a arma de fogo, véxase Pistola.
A pistola (en inglés: pistole) foi unha moeda escocesa de ouro cuñada en 1701 durante o reinado de Guillerme III (1694-1702), co valor de 12 libras escocesas.[1][2]
As pistolas europeas
- Artigo principal: Pistola (moeda).
"Pistola" foi orixinariamente unha denominación dada en Francia (pistole) e en Italia (pistola) á moeda española de ouro con valor de dous escudos cuñada a partir do século XVI, que posteriormente se estendeu a outras moitas moedas europeas de métrica e valor semellantes, como o luís de ouro (louis d'or francés), diversas moedas suízas e dos reinos da Península Itálica, a moeda de cinco táleros xermánicos etc.[3][4]
Para algúns autores o seu nome deriva do diminutivo da denominación piastra, propia de diversas moedas europeas e coloniais.[5] Para outros, o termo faría referencia ao menor tamaño da moeda española con respecto ás súas correspondentes francesas, do mesmo xeito que a pistola é de menor tamaño que o arcabuz, co que mesmo se lle atribuiría unha intención despectiva.[4]
A pistola escocesa
As pistolas escocesas foron cuñadas na Casa da Moeda de Edimburgo especificamente co ouro levado ata Escocia desde as minas da súa colonia de Darien, no Istmo de Panamá.[1]
Xunto coa media pistola (half pistole)[6], foi a derradeira moeda de ouro emitida dentro do sistema monetario escocés. O seu peso era de 106 grans (6,9 gramos ou 0,22 onzas troy), o seu diámetro de ca. 24 mm e o seu valor equivalente a 12 libras escocesas.[1][2][7]
O motivo principal do seu anverso era o busto espido de Guillerme III ollando á esquerda e, por baixo del, no exergo, un sol nacente, o símbolo da Compañía Escocesa de Comercio a África e as Indias (Company of Scotland Trading to Africa and the Indies)[2], todo rodeado pola lenda GVLIELMVS DEI . GRATIA . ("Guillerme, pola graza de Deus").[1][7][8]
No reverso represéntase o escudo real coroado, coas armas escocesas nos cuarteis I e IV, flanqueado polas iniciais W - R (William Rex), coa lenda MAG BRIT · FRA · ET · HIB · REX · 1701 · ("Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda").[1][7][9]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lindsay, J. (1845). Páxinas 155-156.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Pistole2". Frey, A. R. (1916). Páxina 183.
- ↑ "Pistole1". Frey, A. R. (1916). Páxina 183.
- ↑ 4,0 4,1 "Pistola". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Páxina 147
- ↑ "Pistola" En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 393.
- ↑ "½ Pistole - William II". Numista.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "1 Pistole - William II". Numista.
- ↑ "Coin (obverse), pistole or twelve pound piece, from reign of William II". National Museums Scotland.
- ↑ "Coin (Reverse), pistole or twelve pound piece, from reign of William II". National Museums Scotland.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
- Bateson, D, (1987). Scottish Coins. Shire Publications Ltd. ISBN 0-85263-847-7
- Burns, E. (1887). The Coinage of Scotland. Volume I, volume II, volume III. Black, Edimburgo.
- De Cardonnel, A. (1786). Numismata Scotiæ or a series of the scottish coinage, from the reign of William the Lion to the Union. Edimburgo. G. Nicol.
- Frey, A. R. (1916). A dictionary of numismatic names; their official and popular designations. American Journal of Numismatics. Vol 50.
- Grueber, H. (1899). Handbook of the Coins of Great Britain and Ireland in the British Museum. Londres. [Reimpresión en 1970; ISBN 1-4021-1090-1]
- Holmes, N. (1998). Scottish Coins. Edimburgo. NMS Publishing. ISBN 1-901663-02-7
- Holmes, N. (2006). Sylloge of Coins of the British Isles. 58. Scottish Coins in the National Museum of Scotland, Edinburg. Part I. Oxford University Press. ISBN 0-19-726328-3
- Klütz, K. (2004). Münznamen und ihre Herkunft. Viena. Moneytrend Verlag. ISBN 3-9501620-3-8
- Lindsay, J. (1845). A view of the coinage of Scotland. Cork.
- Mackay, J.; Mussel, J. (2016). Coin Price Guide to British Coins. Token Publishing Ltd.
- Martinori, E. (1915). La moneta. Vocabolario generale Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Roma. Istituto italiano di numismatica.
- Seaby, P.; Purvey, F. (1984). Coins of Scotland Ireland and the Islands. Sanford J. Durst. ISBN 978-0900652646
- Stewart, I. (1955). The Scottish Coinage. Londres. Spink & Son.