Plaça de l'Ajuntament de Valencia
Plaça de l'Ajuntament de Valencia | |
---|---|
Vista xeral da praza co Ajuntament á esquerda. |
A Plaça de l'Ajuntament (en galego Praza da Casa do Concello) é o nome que recibe a praza máis grande e céntrica da cidade de Valencia. Durante o franquismo, recibía o nome de Plaza del Caudillo e despois da Transición, Plaça del País Valencià até 1987. Entre 1936 e 1939, nomeábase Plaça Emili Castelar. Hai unha proposta por parte do Consello Valenciano de Cultura para que reciba o nome de Xaime I, o fundador do Reino de Valencia.
Descrición
Ten unha forma triangular, coa Plaça del Mercat ao norte e a praza da Estació del Nord ao sur. Na beira oeste atopamos o Ajuntament de València, e ao leste o edificio de Correos. Ao norte da praza hai unha grande fonte, e ao sur, un grande espazo aberto rodeado de escaparates de flores. A súa fisionomía actual ven da reforma realizada polo arquitecto Javier Goerlich entre 1931 e 1935, aínda que xa desapareceu o mercado neobarroco de flores soterrado que recibira o nome popular de La Escupidera.
Edificios destacábeis
- Ajuntament de València
- Casa Barrachina de Goerlich.
- Edificio "Assicurazioni Generali"
- Edificio de Correus de Miguel Angel Navarro de 1922.
- Casa Ernest Ferrer Construído no 1913 por Almenar Quinzá.
- Edifici Noguera de Francesc Mora i Berenguer, 1909.
- Edificio Suay ou Edificio de l'Equitativa de Francesc Mora i Berenguer, 1909.
- Edificio Gil de Rieta Síster en 1931
- Edificio Cervera Tamén de Rieta Síster, 1932.
- Edificio Sanchez Garcia Albert Ballesteros, 1930.
- Edificio Martí Alegre de Goerlich, 1935.
- Edificio Rialto (actual Filmoteca e Teatros da Generalitat Valenciana), obra de Borso di Carminati 1939.
- Edificio de l'Ateneu Mercantil de València 1953.
- Edificio Balanzà de Almenar Quinzá segundo o proxecto de Goerlich, 1928.
- Edificio de Telefónica de Cárdenas Pastor 1928.
- Edificio La Equitativa 1927.
- Edificio Societé Generale de la Banque de Carbonell Pañella, 1927.
- Edificio Vitalicio de Goerlich, 1930.
Opinións
Segundo Joan Fuster é una de les places més horribles que coneix l'experiència urbanística de la humanitat (unha das prazas máis horríbeis que coñece a experiencia urbanística da humanidade). Joan Francesc Mira cre que Fuster esaxera.
Fallas
Durante as Fallas a a parte central praza está pechada por grandes estruturas enreixadas, xa que cada día ás dúas da tarde fanse espectáculos de pirotecnia chamados mascletades. Fora do espazo da mascletà, plantase o falla do Ajuntament, habitualmente dos máis grandes e custosos e así como a súa correspondente falla infantil.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Artigo "Javier Goerlich Lleó" da Enciclopedia de la Comunidad Valenciana. Editorial Prensa Valenciana. Valencia, 2005. ISBN 84-87502-56-3 (en castelán)
- JOAN F. MIRA (1992): València. Guia Particular. Barcanova. ISBN 84-7533-808-9 (Páxina 117). (en catalán)