Pleura (anatomía)

Vista anterior dun tórax humano. A pleura, en azul, e os pulmóns, en violeta.

A pleura, en anatomía, é cada unha das dúas membranas serosas (dereita e esquerda), de orixe mesodérmica, que recobren ambos os pulmóns, o mediastino, o diafragma e a parte interna da caixa torácica.[1]

O adxectivo relacionado coa pleura é pleural.[2]

As pleuras

  • A pleura parietal é a parte externa da pleura, en contacto coa caixa torácica, o mediastino e a cara superior do diafragma.
    • A pleura cervical é a porción superior da pleura parietal, que asoma na raíz do colo.
    • A pleura mediastínica é a porción seguinte da pleura parietal, que cobre o lado do pulmón correspondente ao mediastino.
    • A pleura pericárdica é a parte da pleura mediastínica que cobre ou se fusiona co pericardio.
  • A pleura visceral é a parte interna da pleura, que está en contacto cos pulmóns.

Cavidade pleural e líquido pleural

Ambas as pleuras únense a nivel do hilio formando unha cavidade virtual, a cavidade pleural, que contén normalmente unha pequena cantidade de serosidade, denominada líquido pleural.[3] O volume normal de líquido pleural contido nesta cavidade é de 0,1 a 0,2 ml/kg de peso corporal. Este líquido facilita os movementos de escorregamento indispensábeis para a respiración.

Composición e pH normal do líquido pleural
Volume 0,17 ± 0,162 ml/kg
Células
Mesoteliais
Macrófagos
Linfocitos
C4/C8
1 000-5 000
0-2 %
64-80 %
18-36 %
0,5-1 %
Proteínas 1-2 g/dl
LDH <50 % do valor do plasma
pH 7,37-7,45

O movemento do líquido entre as follas parietal e visceral está determinado pola ecuación de Starling do transporte de líquidos e pola drenaxe linfática, o que permite a entrada e a saída de líquido e proteínas en forma balanceada para manter un volume e unha concentración constante de proteínas.

Principais enfermidades da pleura

Galería de imaxes

Notas

  1. pleura no dicionario da RAG.
  2. pleural no dicionariuo da RAG.
  3. Light 2007, p. 1.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas