Poncho Sánchez

Poncho Sánchez
Nacemento30 de outubro de 1951
Lugar de nacementoLaredo
NacionalidadeMéxico
Alma máterCerritos College
Ocupaciónlíder de banda, director de orquestra, músico de jazz, cantante e percusionista
PremiosPrêmio Grammy Latino à Excelência Musical
Na rede
http://www.ponchosanchez.com/unflashed.html
Facebook: ponchosanchezjazz MySpace: ponchosanchezljb Bandcamp: ponchosanchez Musicbrainz: 62da2ead-f055-4ad0-b939-3274bb2c54b2 Songkick: 551938 Discogs: 257902 Allmusic: mn0000852665 Genius: Poncho-sanchez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Poncho Sánchez, nado o 30 de outubro de 1951, é un músico de jazz latino, intérprete de conga e cantante de salsa nado nos Estados Unidos e de ascendencia mexicana.

Traxectoria

Fillo de mexicanos, o seu pai é de Xalisco e a súa nai de Nuevo León, é o menor de once fillos e quinto home. De formación autodidacta, é considerado como un dos máis grandes percusionistas de Jazz latino. Criouse en Norwalk, California, iniciándose na música dende cativo tocando a guitarra, a frauta, a batería e mais os timbais. Posteriormente interesouse polo canto até descubrir a súa verdadeira paixón, que son as congas.[1]

No ano 2000, Sánchez e o seu conxunto levaron o Premio Grammy ao Mellor Álbum de Jazz latino polo seu traballo para o selo Concord Picante, o álbum Latin Soul. Sanchez ten actuado canda artistas de California como Tjader, Mongo Santamaría, Hugh Masakela, Clare Fischer ou Tower of Power, entre outros.[2]

Discografía

  • Sonando - 1982
  • Baila Mi Gente: Salsa! - 1982
  • Bien Sabroso - 1983
  • El Conguero - 1985
  • Papa Gato - 1986
  • Gaviota - 1986
  • Fuerte - 1987
  • La Familia - 1988
  • Chile Con Soul - 1989
  • A Night At Kimball's East - 1990
  • Bailar - 1990
  • Cambios - 1990
  • El Mejor - 1992
  • Para Todos - 1993
  • Soul Sauce - 1995
  • Conga Blue - 1995
  • Freedom Sound - 1997
  • Afro-Cuban Fantasy - 1998
  • Latin Soul - 1999
  • Poncho Sanchez - The Concord Jazz Heritage Series - 2000
  • Soul of the Conga - 2000
  • Latin Spirits - 2001
  • Ultimate Latin Dance Party - 2002
  • Instant Party: Poncho Sanchez - 2004
  • Poncho at Montreux - 2004
  • Out of Sight! - 2004
  • Do It! - 2005
  • Raise Your Hand - 2007

Notas

  1. "Latina stereo.com". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2009. Consultado o 12 de novembro de 2009. 
  2. Allmusic

Véxase tamén

Ligazóns externas