Ponte Don Luís I
Coordenadas: 41°08′23″N 8°36′34″O / 41.139722, -8.609444
Ponte Don Luís I | |
---|---|
Localización | |
Río | Douro |
Concello | Porto - Vila Nova de Gaia |
Provincia | Distrito do Porto |
Características | |
Construción | 1881-1886[1] |
Lonxitude | 385,25 m o taboleiro superior[1] 174 m o taboleiro inferior |
Ancho | 5 m |
Tipo | De arco |
Material | Aceiro |
A ponte Don Luís I sobre o río Douro, une o Porto con Vila Nova de Gaia, en Portugal.
Historia
Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886[1] polo propio Lois I de Portugal.
A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco metros de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa Torre dos Clérigos, é un dos símbolos do Porto.
A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.
Galería de imaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nicolas Janberg's Structurae (en inglés).
Véxase tamén
Bibliografía
- MARTINS, Maria do Rosário França, TORRES, Maria Teresa Pinheiro e FREIRE, Paula Cristina Martins. Pontes metálicas rodoviárias, 1998, Lisboa.
Ligazóns externas
- Sistema de Informação para o Património Arquitectónico (en portugués).
- Direção-Geral do Património Cultural Arquivado 18 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. (en portugués).