Ponte Vasco da Gama

Coordenadas: 38°45′44″N 9°02′36″O / 38.762194444444, -9.0433055555556

Ponte Vasco da Gama
Localización
RíoTexo
Características
Construción1998
Lonxitude12,3 km
TipoAlintelado / pénsil
MaterialFormigón armado e aceiro

A Ponte Vasco da Gama é unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, a ponte é a máis longa de Europa e a cuarta máis extensa do mundo, cos seus 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de constituír unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa.

Durante a súa construción foi necesario tomar especiais coidados co impacto ambiental, visto que atravesa o Parque Natural do Esteiro do Texo, unha importante área a escala europea de alimentación e aniñadoiro de aves acuáticas. Foi tamén necesario proceder ao realoxamento de 300 familias.

O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.

É unha das máis altas construcións de Portugal, con 148 metros de altura.

Galería de imaxes

Panorámica da Ponte Vasco da Gama

Panorámica da Ponte Vasco da Gama

Véxase tamén

Ligazóns externas