Ponte de Brooklyn

Ponte de Brooklyn
Tipoponte colgante, ponte tirante, ponte multinivel, ponte de aceiro, ponte de estrada, ponte ferroviaria e atracción turística Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura neogótica Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónNova York, Manhattan e Brooklyn Editar o valor en Wikidata
 40°42′20″N 73°59′47″O / 40.70567, -73.99633
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York
CidadeNova York
BoroughManhattan Editar o valor en Wikidata
Construción
Inauguración24 de maio de 1883 Editar o valor en Wikidata
Material usadoaceiro e pedra Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura84 m Editar o valor en Wikidata
Anchura25,9 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5.989 pés Editar o valor en Wikidata
Implicados
Arquitecto(s)John Augustus Roebling Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data12 de abril de 2017
Identificador6232

Rexistro de Lugares Históricos do Estado de Nova York
Data23 de xuño de 1980

Lugar de Interese de Nova York
Data24 de agosto de 1967
Identificador0098

Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Data15 de outubro de 1966
Identificador66000523

Fito histórico nacional
Data29 de xaneiro de 1964

Punto histórico da enxeñaría civil
Identificadorbrooklyn-bridge
Eventos
construción Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Ponte de Brooklyn (oficialmente, en inglés, New York and Brooklyn Bridge, "Ponte de Nova York e do Brooklyn") é unha ponte na cidade de Nova York, unha das máis antigas pontes pénsiles nos Estados Unidos, cunha lonxitude de 1.834 metros, e sitúase sobre o río East, ligando os distritos (boroughs) de Manhattan e Brooklyn.

Cando foi finalizada era a maior ponte colgante ou de suspensión do mundo, e a primeira na que se empregaron cabos. Foi a primeira ponte de aceiro suspensa do mundo e as súas inmensas torres de soporte convertéronse nas estruturas máis altas de toda a cidade de Nova York.

Historia

A construción comezou en 1869. A ponte de Brooklyn ficou completa catorce anos despois, e foi aberta para os cidadáns o 24 de maio de 1883. O primeiro día, un total de 1.800 vehículos e 150.300 persoas a atravesaron. A construción da ponte custou 188 millóns de dólares e aproximadamente 27 persoas morreron durante os traballos.

Impresión da Currier and Ives (1083).

Cando foi concluída, era a maior ponte por suspensión do mundo - 50% maior que a construción anterior - e converteuse nunha gran ponte de referencia turística. Adicionalmente, durante varios anos as torres foron as maiores esculturas dos Estados Unidos.

A ponte foi deseñada polo arquitecto John Augustus Roebling en Trenton, Nova Jersey. Roebling e a súa empresa construíran pequenas pontes suspensas, como a John A. Roebling Suspension Bridge en Cincinnati, Ohio e a Waco Suspension Bridge en Waca, Texas, estas serviran coma prototipos de enxeñaría para o deseño final.

Cando a construción comezou, o pé de Roebling sufriu unha seria lesión nun accidente, e nunhas poucas semanas morreu de tétano. Cando a ponte foi aberta, a esposa de seu fillo Washington, Emily Warren Roebling, foi a primeira persoa en atravesar; Washington non conseguiu saír da súa casa, por mor á depresión que sufría naquel momento, e asistiu a construción a través dun telescopio.

Na época na que a ponte foi construída, o sistema aerodinámico da ponte non estaba ben estudado e desenvolvido. Roebling deseñou unha ponte que foi seis veces máis forte e resistente.

Atentados terroristas

O primeiro de marzo de 1994 o libanés Rasid Bazil abriu fogo nun coche cargado de xudeus ortodoxos, membros da Lubavitch. Baz foi acusado de asasinato e sentenciado a 141 anos na cadea. Nun principio a acción non foi clasificada como un atentado terrorista, pero máis tarde, o FBI clasificouna como tal. A pista de acceso á ponte no lado de Manhattan foi chamada de Ari Halberstam Memorial Ramp, en honra á vítima.

En 2003, un home chamado Iyman Faris foi condenado a vinte anos no cárcere por fornecer información a Al-Qaida, despois de se descubrir unha trama para facer caer a ponte de Brooklyn cortando os seus cabos metálicos con sopretes.


A ponte de Brooklyn e o centro financeiro de Manhattan, Nova York, EUA.

A ponte de Brooklyn e o centro financeiro de Manhattan, Nova York, EUA.


Véxase tamén