Porquiño
Porquiño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Balistes capriscus, Balistes carolinenses, Balistes vetula (Gmelin, 1789) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Balistes_capriscus2.jpg/220px-Balistes_capriscus2.jpg)
Porquiño, roncón, roncallo ou peixe porco é un peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e até aos 100 metros de profundidade. Tanto o nome de roncón como o de porquiño veñen dados polo feito de ser capaz de emitir sons roucos, gruñidos como os do porco. Porén, o nome "peixe porco" non debe levar a confusión, xa que así e chamado tamén un tipo de escualo, o Oxynotus centrina.
Morfoloxía e costumes
Ten un corpo alto e estreito, de cor grisalla. A primeira dorsal está formada por tres radios moi fortes. Ten a boca pequena, con dentes robustos. A pel é rixa e consistente. Deambula en solitario ou en pequenos grupos. Aliméntase de moluscos e crustáceos. Pode ser visto ao facer mergullo.
É pescado con trasmallo e a carne é de calidade. Pode superar 1 kg. É normal que continue a trabar e rillar cos seus dentes robustos despois de ser pescado, por iso é habitual facer rotos na roupa e feridas nas mans dos pescadores.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Bibliografía
- Villoch, Joaquín (2001) Guía Museos Científicos de los Peces de los mercados de Galicia. Via Láctea editorial e Concello da Coruña. ISBN 84-89444-78-1. (en castelán)