Portal:Mozambique

[[Ficheiro:|1100px]]

Mozambique, oficialmente República de Mozambique, é un país da África Oriental, bañado polo Oceano Índico ao leste e que fai fronteira con Tanzania ao norte; Malaui e Zambia ao noroeste; Cimbabue ao oeste e Eswatini e Sudáfrica ao suroeste. A capital e maior cidade do país é Maputo, anteriormente chamada Lourenço Marques, durante o dominio portugués.

O territorio foi unha antiga provincia ultramarina portuguesa. Foi colonizado a partir do século XVI. Anteriormente existiran na rexión diversos reinos bantús, sendo o máis coñecido , o Imperio Monomotapa. Mozambique alcanzou a independencia o 25 de xuño de 1975, e estableceuse un réxime socialista de partido único. Entre 1976 e 1992, o país estivo azoutado por unha guerra civil que causou cerca de 900 mil mortos e feridos.

O país ten un enorme potencial agrícola, porén o seu aproveitamento está moi limitado pola proliferación de minas terrestres non desactivadas. As praias paradisíacas e zonas propícias para o mergullo nos seus máis de dous mil quilómetros de costa, así como os parques nacionais e reservas naturais no interior do país, foron aproveitados para o turismo. Mozambique é unha república presidencialista multipartidista dende 1994.

Mozambique conta con cerca de catro decenas de línguas nacionais, entre as cales o macua e o tsonga. O portugués, único idioma oficial, é empregado polo 40% dos mozambicanos, mais apenas o 6,5% o ten como lingua materna.

O país é membro da Organización das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Commonwealth de Nacións, da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP), da Unión Latina, da Organización para a Cooperación Islámica, da Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral e da Organización Internacional da Francofonía.

Artigo destacado

editar

A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional, ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de xetembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975.

Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola. En Mozambique, o conflito comezou en 1964, resultado da frustración e a axitación entre os cidadáns mozambicanos, contra a forma de administración estranxeira, que defendía os intereses económicos portugueses na rexión. Moitos mozambicanos resentíanse das políticas portuguesas en relación aos nativos. Influenciados polos movementos de autodeterminación africanos de posguerra, moitos mozambicanos volvéronse, progresivamente, nacionalistas e, de forma crecente, frustrados polo continuo servilismo da súa nación ás regras exteriores. Por outra banda, aqueles mozambicanos máis integrados no sistema social portugués implementado en Mozambique, en particular os que vivían nos centros urbanos, reaccionaron negativamente á vontade, cada vez maior, de independencia. Os portugueses estabelecidos no territorio, que incluían a maior parte das autoridades, responderon cun incremento da presenza militar e cun aumento de proxectos de desenvolvemento.

Un exílio en masa de políticos da intelligentsia de Mozambique a países vecinhos propiciou un ambiente ideal no cal os independentistas mozambicanos podían planear accións, e crear axitación política, no país. A creación da organización guerrilleira FRELIMO e o apoio da Unión Soviética, a República Popular da China e Cuba, por medio do fornecemento de armamento e de instrutores, levaron ao xurdimento da violencia que continuaría durante máis dunha década.

Desde o punto de vista militar, o continxente militar portugués foi sempre superior durante todo o conflito contra as forzas de guerrilla. Aínda que en desvantaxe, as forzas da FRELIMO saíron vitoriosas, logo da Revolución dos Caraveis en Lisboa, o 25 de abril de 1974, que acabou co réxime ditatorial en Portugal. Mozambique acabaría por obter a súa independencia o 25 de xuño de 1975, logo de máis de 400 anos de presenza portuguesa nesta rexión de África. De acordo con algúns historiadores da Revolución Portuguesa do 25 de abril, este golpe de Estado militar foi impulsado principalmente polo esforzo de guerra e impases políticos nos diversos territorios ultramariños de Portugal, polo desgaste do réxime entón vixente e pola presión internacional.

...Arquivo
Cidade destacada

editar

Portal:Mozambique/Cidade destacada/1

Categorías
Biografía destacada

editar

Portal:Mozambique/Biografía destacada/1

Imaxe destacada

editar

Portal:Mozambique/Imaxe destacada/1

Sabías que...?

editar

Portal:Mozambique/Sabías que.../1

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados

editar

Portal:Mozambique/Proxectos relacionados/1

Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario