Portocelo, Xove

Portocelo
Praia de Portocelo.
ConcelloXove[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°43′28″N 7°31′46″O / 43.724444444444, -7.5294444444444
Poboación265 hab. (2020)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concello lugués de Xove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[2] en 2020 tiña 265 habitantes (140 homes e 125 mulleres).

Territorio

Na súa costa está a enseada de Portocelo, que serve de abrigo ao portiño, e onde tamén se sitúan tres praias que quedan comunicadas coa marea baixa. Máis ao oeste a costa é máis accidentada. Os accidentes máis importantes son a Punta de Roncadoira, onde se sitúa o faro de Punta Roncadoira, sendo o extremo máis setentrional deste tramo de costa, Punta da Mansa e Punta Saíñas. Así mesmo, a escasa distancia da costa hai un conxunto de pequenas illas coñecidas como Os Netos e situado entre Punta da Mansa e Punta Saíñas.

Economía

Os sectores económicos principais son a pesca e a agricultura. O marisqueo foi tradicionalmente un recurso auxiliar para as familias labregas e na actualidade o percebe e ourizo son explotados profesionalmente. Canto á pesca, a frota que ten como base o porto de Portocelo redúcese a un pequeno número de embarcacións tradicionais. A agricultura é outro dos sectores económicos máis importantes da parroquia. Destacan o cultivo do millo, grelos e pataca. A explotación dos montes de eucalipto constitúen unha importante fonte de ingresos para os habitantes da zona.

Patrimonio

A igrexa de San Tirso, cuxas ruínas aínda se poden ver en Portocelo,[3] e a igrexa de Vilachá, construída no século XX en substitución da primeira.

Historia

Na década de 1970 Fenosa promoveu a construción dunha central nuclear no lugar de Regodela. Este proxecto encontrou unha forte oposición tanto na sociedade galega da época como nos habitantes da zona, e o 10 de abril de 1977 tivo lugar unha manifestación histórica, na que 8.000 persoas marcharon desde Viveiro até Xove.

Galería de imaxes

Lugares de Portocelo

Lugares da parroquia de Portocelo no concello de Xove (Lugo)

Canelas | Portocelo | San Cristovo | Vilachá | Vilapol

Parroquias de Xove

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Xove

Lago (Santa Eulalia) | O Monte (Santo Isidoro) | Morás (San Clemente) | Portocelo (San Tirso) | A Rigueira (San Miguel) | Sumoas (Santo Estevo) | Xove (San Bartolo) | Xuances (San Pedro)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos