Praia de San Lorenzo
Tipo | praia ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Xixón, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 1.500 (![]() | |||
A praia de San Lorenzo (en asturiano San Llorienzo) está situada no centro de Xixón. Acunchada e cunha lonxitude de 1550 metros, é unha das praias máis emblemáticas do Principado de Asturias. Esténdese desde a escaleira 0 ("La Cantábrica"), situada tras da Igrexa de San Pedro, ata a escaleira número 16 (zona coñecida popularmente como "el Tostaderu"), na embocadura do río Piles, despois prolóngase nun lareiro durante trescentos metros máis ata a zona coñecida como "Mayán de Tierra", chegando a totalizar unha lonxitude de 1,8 km. Paralela á praia está o Paseo do Muro de San Lorenzo, que continúa cara ao leste máis aló da propia praia co sendeiro costeiro do Cervigón, un percorrido de máis de 2 quilómetros que conecta con outras praias como a do Rinconín ou a de Peñarrubia.
Características
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Gijon_%286462659429%29.jpg/220px-Gijon_%286462659429%29.jpg)
Caracterízase por unha area fina e dourada, e por unha auga de boa calidade. As ondas son dun nivel moderado/forte e distínguenese tres zonas de baño diferenciadas e vixiadas por socorristas: Escalerona (escaleira 4), Centro (escaleiras 7-8) e Piles (escaleira 12). Normalmente a zona da Escalerona é a que presenta unhas ondas máis aptas para o baño. A grande amplitude das mareas desta praia condiciona moito a súa anchura.
Servizos
A súa localización no centro urbano e a alta concentración de xente garanten que estea dotada de todo tipo de servizos: duchas, a súa alta ocupación e localización en pleno centro urbano garantizan todo tipo de servizos: duchas, lavapés, alugueiro de hamacas, gardarroupa, consignas, aseos, fontes etc.
Á altura da escaleira 4 hai unha oficina de turismo e conta tamén con servizo de salvamento, a súa central está instalada na escaleira número 12 e ten megafonía para transmitir partes meteorolóxicos e estado do mar cada hora, e no mesmo edificio localízase tamén unha comisaría da policía local.
Deportes
A praia está acondicionada para xogar ao volei praia, con dúas pistas na escaleira 15, e ao fútbol praia, que se practica na zona da escaleira 4 cando o permite a marea. Outros deportes marítimos como o surf ou wíndsurf tamén son habituais na praia.
Recoñecementos
No verán do ano 2010 izouse pola primeira vez a bandeira "Ecopraias"[1] que se concedeu de novo para a temporada 2011.[2] Tamén no ano 2011 logrouse o recoñecemento "Q" de Calidade Turística.[3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Placa_Paseo_San_Lorenzo_Gijon.jpg/250px-Placa_Paseo_San_Lorenzo_Gijon.jpg)
Notas
- ↑ Diario El Comercio, 9 de Junio de 2010
- ↑ "Ayuntamiento de Gijón". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015.
- ↑ "Ayuntamiento de Gijón". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de maio de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Información sobre as praias na web do concello de Xixón Arquivado 12 de xullo de 2016 en Wayback Machine.