Premio Galicia en Feminino

Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Os premios foron creados no ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001[1]. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.[2]

Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Así os definía Manuel Fraga:

“nos albores do século XXI, a consecución da igualdade real de oportunidades preséntase como un gran desafío para as sociedades modernas que, como a nosa, propugnan, como valores do seu ordenamento xurídico, a liberdade, a igualdade e a xustiza”. Polo tanto, a entrega destes premios “permite reflexionar sobre os avances conseguidos e fixar obxectivos para continuar avanzando na plena integración da muller en tódolos eidos da sociedade”.

Modalidades

As modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:

  • Premio á participación laboral das mulleres.
  • Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres.
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres.
  • Premio á participación social das mulleres.
  • Distinción honorífica pola defensa da igualdade.

A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:[2]

  • Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas no ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria
  • Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional.
  • Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas.
  • Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia.
  • Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.

Galardoadas

Ano 2001

  • Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Marina Mayoral, escritora, profesora e ensaísta.[3]
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres: grupo Leilía[3]
  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC)[3]
  • Premio á participación social das mulleres: Rosa Otero, presidenta da Asociación Antonio Noche, da Coruña.[3]
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Natividad Marcotegui, directora do Centro Vagalume, de Santiago.[3]

Ano 2002

Ano 2003

  • Premio pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Blanca García Montenegro, presidenta Grupo El Progreso.
  • Premio pola súa participación artístico-cultural: Teresa Portela, piragüista.
  • Premio á participación laboral das mulleres: Asociación de Mariscadoras Areal, presidenta Dolores Bermúdez.
  • Premio á participación social das mulleres: María Teresa Fernández Cabaleiro, presidenta da Asociación Juan XXIII.[7]
  • Premio honorífico pola defensa da igualdade: Manuela López Besteiro, ex conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Ano 2004

  • Premio Galicia en feminino: Ana Pastor, ministra de Sanidade.[8]
  • Premio de participación: Ana Míguez, presidenta da Asociación Alecrín.[8]
  • Premio de cooperación: Carmen Colmenero, presidenta de Cruz Vermella Galicia.[8]
  • Premio de creación: Kina Fernández, deseñadora.[8]
  • Premio de comunicación: Marisa Real, directora de Club Faro de Vigo.[8]

Ano 2005

Notas

  1. "Resolución do DOG nº 38 do 22/02/2001 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-02. 
  2. 2,0 2,1 "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-03-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Premian a una asociación local por su lucha contra la discriminación de género". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-03-08. Consultado o 2019-03-17. 
  4. 4,0 4,1 "En femenino plural para todo el público". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-08. Consultado o 2019-03-16. 
  5. Palacios, Xosé María (7/3/2002). "Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer". La Voz de Galicia (en castelán). 
  6. "Fallece de forma repentina María José Jove, vicepresidenta de la inmobiliaria Fadesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-23. Consultado o 2019-03-17. 
  7. "Xornal Vigo: Alfonso Zulueta y María Teresa Fernández, galardonados con el I Premio a la Solidaridad". xornal.vigo.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2019-03-16. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 E.PÉREZ/. "Ana Pastor y Kina Fernández galardonadas con los Premios Galicia en Femenino 2004 | Galicia | Galicia - Abc.es". ABC (en castelán). Consultado o 2019-03-15. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Una ferrolana, mujer del año". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-03-09. Consultado o 2019-03-17.