Produto de Cauchy

En matemáticas, defíndese o produto de Cauchy, así denominado en honra do matemático francés Augustin Louis Cauchy, como unha convolución discreta de dúas series estritamente formais, que se manipulan sen prestar atención a aspectos de converxencia, xeralmente, de números reais ou complexos, tales como


Sendo pois o produto de Cauchy:


para n = 0, 1, 2,...


Non é preciso que as series sexan converxentes. Véxase por exemplo Serie formal de potencias.

É de esperar, que por analoxía coas sumas finitas, no caso en que as dúas series fosen converxentes, a suma da serie infinita

sexa igual ao produto

do mesmo xeito que isto sería correcto se cada unha das dúas sumas que se multiplican posúe un número finito de termos.

En casos suficientemente ben comportados, cúmprese coa expresión anterior. Pero, e este é un punto importante, o produto de Cauchy de dúas sucesións existe aínda no caso de que unha ou ambas as dúas series infinitas correspondentes non fosen converxentes.

Exemplos

Serie finita

para todo e para todo . Neste caso o produto de Cauchy de e é . Polo tanto, para series finitas (que son sumas finitas), a multiplicación de Cauchy é directamente a multiplicación das series.

Serie infinita

  • Primeiro exemplo. Sexan , sexa e . Entón
por definición e pola fórmula binomial. Dado que, formalmente, e , demostrouse que .
Como o límite do produto de Cauchy de dúas series absolutamente converxentes é igual ao produto dos límites desas series (véxase abaixo), demostrouse polo tanto a fórmula para todo .
  • Segundo exemplo. Sexa para todo , temos
logo para todo .
Entón o produto de Cauchy é e así non é converxente.

Converxencia e teorema de Mertens

Artigo principal: Teoremas de Mertens.

Sexan x, y sucesións reais, Franz Mertens demostrou que se a serie converxe a Y e a serie converxe absolutamente a X entón o produto de Cauchy delas converxe a XY. Non é suficiente con que ambas as series sexan condicionalmente converxentes. Por exemplo, a sucesión xera unha serie condicionalmente converxente pero a sucesión non converxe a 0.

Demostración do teorema de Mertens

Sexa , e .. Entón se se reordena. Polo tanto . Fixando un . Dado que é absolutamente converxente e é converxente entón existe un enteiro N tal que para todo e un enteiro M tal que para todo (dado que a serie converxe, a sucesión debe converxer a 0). Tamén, existe un enteiro L tal que se entón . Polo tanto,

para todos os enteiros n maiores que N, M e L. Pola definición de converxencia dunha serie .

Teorema de Cesàro

Se x e y son sucesións reais e e entón

Xeneralizacións

Todo o enunciado nas seccións precedentes é aplicable ás sucesións de números complexos . Pódese definir tamén o produto de Cauchy para series en espazos euclidianos onde a multiplicación é o produto interno. Neste caso, verifícase que se dúas series converxen en forma absoluta entón o seu produto de Cauchy converxe en forma absoluta ao produto interno dos límites.

Véxase tamén

Bibliografía