Proteobacterias
Proteobacterias | |||||
---|---|---|---|---|---|
Escherichia coli | |||||
Clasificación científica | |||||
|
As proteobacterias ou Proteobacteria (sinónimo Pseudomonadota) constitúen un dos principais grupos de bacterias, con categoría de filo. Inclúen unha ampla variedade de patóxenos, como Escherichia, Salmonella, Vibrio, Helicobacter, e moitos outros xéneros salientables.[2] Outros xéneros e especies son de vida libre, e entre eles inclúense moitas das bacterias responsables da fixación do nitróxeno. Tamén é deste grupo a bacteria descuberta en Galicia Gallaecimonas.
Este grupo foi establecido en 1987 por Carl Woese, que as chamou informalmente "bacterias púrpuras e relacionadas".[3] Debido á grande diversidade de formas que se encontraron neste grupo, as Proteobacteria foron nomeadas así a partir do nome dun deus grego do mar, Proteo, que podía adoptar moitas formas diferentes (non foi nomeado polo nome do xénero Proteus).[1][4]
Características
Todas as proteobacterias son gramnegativas, e teñen unha membrana externa bacteriana composta principalmente de lipopolisacáridos. Moitas poden moverse utilizando flaxelos, pero algunhas son inmóbiles ou móvense escorregando. Estas últimas inclúen as mixobacterias, un peculiar grupo de bacterias que poden agregarse e formar corpos frutíferos multicelulares. Existe tamén no grupo unha gran variedade de metabolismos. A maioría dos membros son anaerobios obrigados ou facultativos, quimioautótrofos, e heterótrofos, pero hai numerosas excepcións. Varios xéneros, que non están estreitamente emparentados entre eles, utilizan a enerxía da luz por medio da fotosíntese e denomínanse bacterias púrpuras, referíndose á súa pigmentación maiormente avermellada.
Taxonomía
Filoxenia de Proteobacteria de acordo coas árbores de seres vivos ARB, iTOL, Bergey e outros.
| |||||||||||||||||||||||||||||||
O grupo defínese principalmente en termos das secuencias do seu ARN ribosómico (ARNr). As Proteobacteria divídense en seis seccións, denominadas con letras gregas, desde a alfa á zeta, segundo as súas secuencias de ARNr. estas seccións son a miúdo tratadas como clases. As seccións alfa, beta, delta, e epsilon son monofiléticas,[5][6][7] agás as Gammaproteobacteria debido ao xénero Acidithiobacillus, que é parafilético das Betaproteobacteria de acordo cos estudos filoxenómicos (estudos de aliñamento multixenómico), os cales se consideran máis precisos cós do ARNr de 16 S [8] (nótese que Mariprofundus ferrooxydans, único membro de Zetaproteobacteria,[9] era antes clasificado erradamente na taxonomía do NCBI). Acidithiobacillus contén 5 especies e é o único xénero da orde Acidithiobacillales[10] As divisións das proteobacterias eran antes consideradas subclases (por exemplo, a subclase α de Proteobacteria), pero agora considéranse clases (por exemplo, as Alphaproteobacteria).[11] Por tanto, as clases son:
- Alphaproteobacteria
- Betaproteobacteria
- Gammaproteobacteria
- Deltaproteobacteria
- Epsilonproteobacteria
- Zetaproteobacteria
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Stackebrandt et al. Proteobacteria classis nov., a name for the phylogenetic taxon that includes the "purple bacteria and their relatives". Int. J. Syst. Bacteriol., 1988, 38, 321–325.
- ↑ Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Prentice Hall, ed. Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). ISBN 0-13-144329-1.
- ↑ Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888. [[1]].
- ↑ "Proteobacteria". Discover Life: Tree of Life. Consultado o 2007-02-09.
- ↑ Noel R. Krieg, Don J. Brenner, James T. Staley (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology: The proteobacteria. Springer. ISBN 978-0-387-95040-2.
- ↑ Ciccarelli, F. D.; Doerks, T; Von Mering, C; Creevey, CJ; Snel, B; Bork, P (2006). "Toward Automatic Reconstruction of a Highly Resolved Tree of Life". Science 311 (5765): 1283–1287. Bibcode 2006Sci...311.1283C. DOI:10.1126/science.1123061. PMID 16513982.
- ↑ Yarza, Pablo; Ludwig, Wolfgang; Euzéby, Jean; Amann, Rudolf; Schleifer, Karl-Heinz; Glöckner, Frank Oliver; Rosselló-Móra, Ramon (2010). "Update of the All-Species Living Tree Project based on 16S and 23S rRNA sequence analyses". Systematic and Applied Microbiology 33 (6): 291–299. DOI:10.1016/j.syapm.2010.08.001. PMID 20817437.
- ↑ Williams, K. P.; Gillespie, J. J.; Sobral, B. W. S.; Nordberg, E. K.; Snyder, E. E.; Shallom, J. M.; Dickerman, A. W. (2010). "Phylogeny of Gammaproteobacteria". Journal of Bacteriology 192 (9): 2305–2314. DOI:10.1128/JB.01480-09. PMC 2863478. PMID 20207755. [2].
- ↑ Emerson, David; Rentz, Jeremy A.; Lilburn, Timothy G.; Davis, Richard E.; Aldrich, Henry; Chan, Clara; Moyer, Craig L. (2007). Reysenbach, Anna-Louise. ed. "A Novel Lineage of Proteobacteria Involved in Formation of Marine Fe-Oxidizing Microbial Mat Communities". PLoS ONE 2 (8): e667. Bibcode 2007PLoSO...2..667E. DOI:10.1371/journal.pone.0000667. [3] PMID 17668050
- ↑ Acidithiobacillus entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590-2. DOI:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. http://ijs.sgmjournals.org/cgi/reprint/47/2/590. ]
- ↑ Lee at al. Int J Syst Evol Microbiol 55 (2005), 1907–1919.
Véxase tamén
Outros artigos
- Taxonomía bacteriana
- Thiomargarita namibiensis, a bacteria xigante
Ligazóns externas
- Información sobre Proteobacteria de Palaeos
- Proteobacteria – J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature