Provincia autónoma de Bolzano

Provincia di Bolzano
País Italia
Rexión Trentino-Tirol do Sur
Capital Bolzano
Área 7.399,97 km²
Poboación 504.111 (2010)
Densidade 68 hab/km²
Municipios 116
Matrícula BZ
Código postal 39010-39100
Prefixo telf. 0471, 0472, 0473, 0474
Presidente Luis Durnwalder (SVP) 17.3.1989
Situación da Provincia de Bolzano en Italia

A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).

Topónimo

En italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.

O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.

En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.

A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.

Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.

Xeografía

A provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).

O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.

Organización territorial

Mapa de comunità comprensoriali del Alto Adigio (Trentino-Alto Adigio)
Mapa de comunità comprensoriali del Alto Adigio (Trentino-Alto Adigio)

A provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.

Distritos

Os distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:

  • Val Venosta/Vinschgau
  • Burgraviato/Burggrafenamt
  • Oltradige-Bassa Atesina/Überetsch-Unterland
  • Bolzano/Bozen
  • Salto-Sciliar/Salten-Schlern
  • Valle Isarco/Eisacktal
  • Alta Valle Isarco/Wipptal
  • Val Pusteria/Pustertal.

Maiores comunas

Municipio (italiano) Municipio (alemán) Habitantes
Bolzano Bozen 103.088
Merano Meran 35.602
Bressanone Brixen 19.504
Laives Leifers 15.962
Brunico Bruneck 14.148
Appiano sulla Strada del Vino Eppan an der Weinstraße 13.325
Lana Lana 10.458
Caldaro sulla strada del vino Kaltern an der Weinstraße 7.307
Renon Ritten 7.147
Sarentino Sarntal 6.669
Castelrotto Kastelruth 6.247
Vipiteno Sterzing 5.947
Silandro Schlanders 5.908
Valle Aurina Ahrntal 5.641
Naturno Naturns 5.201
Laces Latsch 5.050
Chiusa Klausen 4.622
Ortisei St. Ulrich in Gröden 4.499

Linguas

Mapa das linguas faladas na provincia, Alemán (verde), italiano (vermello) e ladino (azul)

A maioría da poboación fala un dialecto alemán, algo menos dun terzo ten o italiano como lingua materna e unha pequena minoría é de fala ladina.

Galerías de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas