Provincia de Balkan
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Turkmenistán ![]() | ||||
Capital | Balkanabat (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 139.270 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Mangghystau (pt) ![]() Ahal (pt) ![]() Golestan (pt) ![]() Daşoguz (pt) ![]() Karakalpaquistán, Nordés Coração do Norte (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 18 de maio de 1992 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | TM-B ![]() | ||||
A Provincia de Balkan (en turcomán Balkan welaýaty) é unha das cinco provincias (welayat) de Turkmenistán.
Situada no oeste do país, limita con Uzbekistán, Kazakhstán, o mar Caspio e Irán. A súa capital é Balkanabat, antigamente coñecida como Nebit Dag.
Ten unha superficie de 139 270 km2 e unha poboación duns 553 500 habitantes (estimación de 2005).[1] A densidade de poboación é de 3,3 hab./km2, a máis baixa de Turkmenistán.
E provincia posúe importantes reservas de enerxía, producindo o 94 % do gas natural e o 12 % do petróleo de Turkmenistán, e xerando o 18 % da enerxía eléctrica do paía. Debido á escaseza de auga, a súa agricultura é desprezábel, e só o 4,5 % da terra arábel de Turkmenistán está nesta provincia.
Cerca das súas costas do Caspio a provincia está a illa de Ogurja Ada, a máis importante de Turkmenistán e unha das máis grandes do mar Caspio.
Distritos
A provincia de Balkan divídese admistrativamente en 6 distritos (etraplar; singular, etrap) e 7 cidades (il). Moitos cambiaron de nome en 95.
- Distritos:
- Bereket (antes Gazanjyk)
- Esenguly
- Etrek (antes Gyzyletrek)
- Magtymguly (antes Garrygala)
- Serdar (antes Gyzylarbat)
- Türkmenbaşy
- Cidades:
- Balkanabat
- Bereket (antes Gazanjyk)
- Garabogaz (antes Bekdaş)
- Gumdag
- Hazar (antes Çeleken)
- Serdar (cidade) (antes Kyzyl-Arvat, Gyzylarbat) – status de etrap outorgado tatus o 3 de febreiro de 2008.[2]
- Türkmenbaşy (cidade) (antes Krasnovodsk)
Notas
- ↑ Statistical Yearbook of Turkmenistan 2000-2004, National Institute of State Statistics and Information of Turkmenistan, Ashgabat, 2005.
- ↑ "Halk Maslahaty resolution changing the status of Serdar City". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2009. Consultado o 01 de marzo de 2012.