Provincia de Málaga

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Málaga
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata
 36°43′N 4°25′O / 36.72, -4.42Coordenadas: 36°43′N 4°25′O / 36.72, -4.42
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía Editar o valor em Wikidata
CapitalMálaga Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.695.651 (2021) Editar o valor em Wikidata (232,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie7.308 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoLa Maroma (en) Traducir (2.065 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoNivel medio do mar (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoProvincial Deputation of Málaga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Q42409076 Traducir Editar o valor em WikidataElías Bendodo Benasayag (2011–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-MA Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES617 Editar o valor em Wikidata
Código INE29 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmalaga.es Editar o valor em Wikidata

A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda coas provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte coas provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.

Ata 1995 a provincia incluía Melilla.

Xeografía

Boa parte do seu territorio está comprendido dentro das serras do Sistema Penibético separadas pola Depresión Intrapenibética, nesta provincia coñecida como a Foxa de Antequera. No Oeste sitúase a comarca da Serranía de Ronda e polo Leste os maiores accidentes orográficos son a serra de Almijara, Tejeda e Alhama. Ao Sur, paralela á Serranía de Ronda érguese a Serra Bermeja. Ao pé da Serranía de Ronda sitúase Foxa de Málaga.

A vexetación espontánea normalmente inclúe matogueira, sendo o palmito (Chamaerops humilis) a planta representativa. Tamén aparecen fragas de piñeiros e pinsapos (comúns na Serra de Grazalema). No interior dominan os bosques de aciñeiras e sobreiras.

Comarcas

A división comarcal da provincia está regulamentada pola Deputación de Málaga, e actuamente son as seguintes:

Espazos protexidos

Son cinco os parques naturais que existen na provincia:

  • Parque natural da Sierra de las Nieves.
  • Parque natural dos Montes de Málaga.
  • Parque natural dos Alcornocales.
  • Parque natural da serra de Grazalema.
  • Parque natural das serras de Tejeda, Almijara e Alhama.

Son seis as paraxes naturais:

  • Cantís de Maro.
  • Desembocadura do Río Guadalhorce.
  • Desfiladeiro dos Gaitanes.
  • Los Reales de Sierra Bermeja
  • Los Reales de Sierra Crestellina.
  • Torcal de Antequera.

Parques Periurbanos:

  • Devesa de El Mercadillo.
  • Piñeiral de El Hacho.
  • Serra de Gracia.

Monumentos Naturais:

  • Tornillo del Torcal.
  • Pinsapos de Las Escaleretas.
  • Falla da Serra del Camorro.
  • Canón de Las Buitreras.
  • Dunas de Artola ou Cabopino.

Reservas Naturais:

  • Reserva Natural Lagoa de Fuente de Piedra.
  • Lagoa de la Ratosa.
  • Lagoas de Archidona.
  • Lagoas de Campillos.

Véxase tamén