Provincia de San Juan
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Arxentina ![]() | ||||
Capital | San Juan ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Albardón (departamento) (pt) ![]() Angaco (pt) ![]() Calingasta (departamento) (pt) ![]() Capital (departamento de San Juan) (pt) ![]() Caucete (departamento) (pt) ![]() Chimbas (departamento) (pt) ![]() Iglesia (pt) ![]() Jáchal (departamento) (pt) ![]() Nueve de Julio (departamento de San Juan) (pt) ![]() Pocito (departamento) (pt) ![]() Rawson (pt) ![]() Rivadavia (pt) ![]() San Martín (pt) ![]() Santa Lucía (departamento) (pt) ![]() Sarmiento (pt) ![]() Ullum (departamento) (pt) ![]() Valle Fértil (departamento) (pt) ![]() Veinticinco de Mayo (pt) ![]() Zonda (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 822.853 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 89.651 km² ![]() | ||||
Altitude | 2.269 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Mercedario (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1820 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Governor of San Juan province (en) ![]() ![]() | Marcelo Orrego (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Chamber of Deputies of San Juan (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | AR-J ![]() | ||||
Sitio web | sanjuan.gob.ar ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A provincia de San Juan[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 681.055 habitantes (2010) e a súa capital é San Juan.
Situada no centro oeste do país, na Rexión de Cuyo. O seu territorio está dividido en 19 departamentos. Limita polo norte e leste coa Provincia de La Rioja, polo sueste coa de San Luis, polo sur con Mendoza e polo oeste coa República de Chile, cun límite que está determinado pola divisoria de auga da cordilleira dos Andes.
O territorio desta provincia posúe 89 651 km², onde prima un relevo montañoso intercalado por vales e travesías baixo un clima, predominante, temperado seco, cunha marcada escaseza de cursos hídricos superficiais. Nos vales atópanse os oasis, produto do embalsamento e sistematización dos ríos xerados polo desxeo da cordilleira. En ditos espazos é onde se concentra a poboación. Entre estes destaca o oasis do Tulum, onde se empraza o Gran San Juan, núcleo urbano que concentra máis do 60% da poboación total da provincia.
Nos oasis prima a actividade agrícola, destacando a viticultura, actividade que tipifica a provincia. Ademais ten gran protagonismo a olivícola; como tamén unha boa variedade de froitas e hortalizas. Das dúas primeiras actividades, principalmente, despréndese un complexo agroindustrial coa elaboración de viño, sendo esta provincia a segunda produtora en volume a nivel nacional; posuíndo á súa vez destacados viños.[2] Así mesmo tamén se producen grandes volumes de aceite de oliva.
Ademais da actividade agrícola nos oasis, tamén destaca unha crecente e importante actividade mineira. Na provincia extráese e procésase unha diversidade importante de minerais, tanto metalíferos como ouro e prata, e non metalíferos, como a calcaria para a produción do cal.
No que respecta ao turismo, os atractivos internacionais máis importantes son o montañismo, co cerro Mercedario e, desde un punto de vista científico, Ischigualasto, un importante xacemento paleontolóxico de estrañas xeoformas, que data do período triásico. O turismo enolóxico creceu considerablemente nos últimos anos; así como tamén os deportes de aventura como o rafting e o windcar, practicado este último nun lugar coñecido como a Pampa del Leoncito, entre outros. Tamén é bastante coñecida polo turismo relixioso, co moi visitado Oratorio da Defunta Correa.
Notas
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1872. ISBN 9788482893600.
- ↑ "Cuatro vinos de San Juan, entre los mejores del mundo". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013.