Provincias atlánticas do Canadá
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Canadá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 500.531 km² ![]() | ||||
Creación | 1949 ![]() | ||||

Provincias atlánticas do Canadá é a rexión do Canadá que comprende catro provincias localizadas na costa atlántica: as tres provincias marítimas (Novo Brunswick, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo) e Terra Nova e Labrador. A poboación das provincias atlánticas era de 2.332.535 habitantes en 2007.[1]
Orixe do termo
O primeiro Premier (primeiro ministro) de Terra Nova e Labrador, Joey Smallwood, acuñou o termo "Provincias Atlánticas" cando Terra Nova e Labrador uníronse ó Canadá en 1949. Smallwood creu que sería presuntuoso para Terra Nova e Labrador asumir que podería incluírse dentro do termo existente "Provincias Marítimas", usado para describir as semellanzas culturais entre Nova Escocia, Illa do Príncipe Eduardo e Novo Brunswick. As tres provincias marítimas uníronse á Confederación no século XIX: Novo Brunswick e Nova Escocia en 1867 e a Illa do Príncipe Eduardo en 1873.
De cando en vez, o termo Marítimas é usado como un sinónimo para "as provincias atlánticas", pero este uso está considerado incorrecto pois o primeiro exclúe a Terra Nova e Labrador.
Comunidades




(A listaxe inclúe comunidades por riba de 50.000 habitantes, por poboación/área metropolitana).[2]
Comunidade | Provincia | Poboación (2006) |
---|---|---|
Halifax | Nova Escocia | 372.858 |
San Xoán de Terra Nova | Terra Nova e Labrador | 181.113 |
Moncton | Novo Brunswick | 126.424 |
Saint John | Novo Brunswick | 122.389 |
Cape Breton | Nova Escocia | 105.928 |
Fredericton | Novo Brunswick | 85.688 |
Charlottetown | Illa do Príncipe Eduardo | 58.625 |
Notas
- ↑ Statistics Canada: Canada's population estimates and demographic growth Arquivado 21 de decembro de 2007 en Wayback Machine..
- ↑ Statistics Canada: Population and dwelling counts, for census metropolitan areas and census agglomerations Arquivado 21 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
Bibliografía
- Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a concise history. Don Mills, Ont.: Oxford University Press, 2006.
- Margaret Conrad e James K. Hiller. Atlantic Canada: a region in the making. Toronto: Oxford University Press, 2001.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Atlas of Canada - Atlantic Region Arquivado 10 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
- ECanuck Atlantic Canada Arquivado 02 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
- Atlantic Canadian cities and Surrounding areas Arquivado 07 de decembro de 2006 en Wayback Machine.
- Atlantic Canada Portal/Portail du Canada Atlantique
- Atlantic Canada - A Profitable Place to do Business
- Historical Coins of Atlantic Canada