Provincias de Papúa-Nova Guinea
As provincias da Papúa-Nova Guinea son as primeiras divisións administrativas do país. Os gobernos provinciais son ramos do goberno nacional, Papúa-Nova Guinea non é unha federación de provincias. O país ten 20 divisións de primeiro nivel: 18 provincias, unha rexión autónoma (Bougainville) e o Distrito da Capital Nacional.
Historia
Pouco antes da independencia en 16 de setembro de 1975, dividiuse Papúa-Nova Guinea en dezanove provincias e o Distrito da Capital Nacional. Esas provincias correspondían aos distritos da administración de antes da independencia do Territorio de Papúa e Nova Guinea.
Lista de provincias
# (mapa) |
Provincia | Capital | Área (km²) |
Poboación | Densidade (pob./km²) |
Rexión |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Central | Port Moresby | 29.500 | 183.153 | 6,21 | Rexión de Papúa |
2 | Simbu (Chimbu) | Kundiawa | 6.100 | 258.776 | 42,42 | Rexión das Terras Altas |
3 | Eastern Highlands | Goroka | 11.200 | 429.480 | 38,35 | Rexión das Terras Altas |
4 | East New Britain | Kokopo | 15.500 | 220.035 | 14,20 | Rexión das Illas |
5 | East Sepik | Wewak | 42.800 | 341.583 | 7,98 | Rexión de Momase |
6 | Enga | Wabag | 12.800 | 289.299 | 22,60 | Rexión das Terras Altas |
7 | Gulf | Kerema | 34.500 | 105.050 | 3,04 | Rexión de Papúa |
8 | Madang | Madang | 29.000 | 362.085 | 12,49 | Rexión de Momase |
9 | Manus | Lorengau | 2.100 | 43.589 | 20,76 | Rexión das Illas |
10 | Milne Bay | Alotau | 14.000 | 209.054 | 14,93 | Rexión de Papúa |
11 | Morobe | Lae | 34.500 | 536.917 | 15,56 | Rexión de Momase |
12 | New Ireland | Kavieng | 9.600 | 118.148 | 12,31 | Rexión das Illas |
13 | Oro (Northern) | Popondetta | 22.800 | 132.714 | 5,82 | Rexión de Papúa |
14 | Rexión Autónoma de Bougainville | Arawa | 9.300 | 141.161 | 15,18 | Rexión das Illas |
15 | Southern Highlands | Mendi | 23.800 | 544.352 | 22,87 | Rexión das Terras Altas |
16 | Occidental | Daru | 99.300 | 152.067 | 1,53 | Rexión de Papúa |
17 | Western Highlands | Mount Hagen | 8.500 | 439.085 | 51,66 | Rexión das Terras Altas |
18 | West New Britain | Kimbe | 21.000 | 184.838 | 8,80 | Rexión das Illas |
19 | Sandaun | Vanimo | 36.300 | 185.790 | 5,12 | Região de Momase |
20 | Distrito da Capital Nacional | Port Moresby | 240 | 252.469 | 1051,95 | Rexión de Papua |
Véxase tamén
- Datos estatísticos (en inglés)