Psophia crepitans
Psophia crepitans | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No National Aviary | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Psophia crepitans Carl von Linné, 1758 |
A Psophia crepitans é unha ave da orde das gruiformes (Gruiformes) e familia dos psofíidos (Psophiidae) que habita no norte da conca do Amazonas, en Colombia, Venezuela, o Brasil, as Güianas e o nordeste do Perú.[2]
De entre 48 a 56 cm de lonxitude e peso medio de 1,3 kg, o seu pescozo é longo, así como as súas patas, e a plumaxe é negra con reflexos azuis.[2][3]
É unha ave gregaria, que fai o seu niño nos ocos das árbores, poñendo as femias 3 ou 4 ovos brancos, que chocan todos os membros dun grupo de cinco ou máis paxaros.
Aliméntanse de insectos e froitas.[4]
Os amerindios utilízano para cazar serpes e como sentinela, especialmente dos patos, xa que é doado de domesticar.[2]
Notas
- ↑ BirdLife International (2012). "Psophia crepitans". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Holyoak, David; Colston, P. R. (2003). "Trumpeters". En Chris Perrins. The Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. p. 213. ISBN 1-55297-777-3.
- ↑ Archibald, George W. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. Merehurst Press (London). p. 98. ISBN 1-85391-186-0.
- ↑ Hilty, Steven L.; Brown, William L. (1986). A Guide to the Birds of Colombia. Princeton University Press. p. 134. ISBN 0-691-08371-1.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Vídeos en Internet Bird Collection
- Gray-Winged Trumpeter en National Aviary.