Pterocles orientalis
Ganga de barriga negra | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Tetrao orientalis Linnaeus, 1758 |

A ganga de barriga negra,[2] á que tamén se lle deu o nome de cortizol ventrimouro,[3] (Pterocles orientalis) é unha ave de tamaño grande medio da familia dos pteróclidos.
A raza nomeada reprodúcese na Península Ibérica, noroeste de África, as illas Canarias, Turquía, Irán, Chipre e Israel. A forma do leste P. o. arenarius (Pallas, 1775) atópase en Kazakhstán, oeste da China e norte do Paquistán. É unha ave parcialmente migratoria, porque as aves de Asia central desprázanse a Paquistán e norte da India en inverno.
Taxonomía
A especie foi descrita formalmente polo naturalista sueco Carl Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae. Situouna xunto coas demais gangas no xénero Tetrao co nome binomial Tetrao orientalis.[4] A ganga de barriga negra está situada agora, xunto con outras 13 especies, no xénero Pterocles, que foi introducido en 1815 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck.[5][6] O nome do xénero combina as palabras do grego antigo pteron, que significa 'á', e -klēs, que significa 'notable, espléndido'.[7]
Recoñécense dúas subspeciess:[6]
- P. o. orientalis (Linnaeus, 1758) – Illas Canarias, Península Ibérica, Marrocos e oeste de Irán
- P. o. arenarius (Pallas, 1775) – De Kazakhstán ao sur de Irán e Afganistán, e polo leste ata o noroeste da China.
Descrición
Miden de 33 a 39 cm de longo e pesan de 300 a 615 g, e é probablemente a especie máis grande da familia dos pteróclidos.[8] O macho ten unha cabeza, pescozo e peito cincentos. As partes inferiores do corpo son negras e as partes superiores son marróns douradas con marcas máis escuras. Teñen un bordo negro delgado arredor da parte inferior do peito e unha mancha castaña na gorxa. Esta ganga ten unha pequena cabeza e pescozo similares aos dunha pomba, pero o corpo é robusto e compacto. As súas ás son bicudas e o seu voo é rápido e directo. A parte inferior das ás é branca e a barriga negra, o que fai que esta especie sexa doada de identificar en voo. As bandadas voan ás pozas de auga ao amencer.
A femia ten as partes superiores do corpo máis marróns e máis finamente marcadas, incluíndo a cabeza e o peito. As partes inferiores e a banda do peito son idénticas ás do macho. A raza do leste é máis clara e máis pesada que a orientalis (que malia o seu nome é a raza do oeste). Os machos teñen partes superiores máis amarelas e partes inferiores máis cincentas que a forma do oeste. As femias son máis brancas pola parte de abaixo, pero a miúdo son indistinguibles. A súa chamada é un suave chowrrr rrrr-rrrr.
Distribución e hábitat
Esta especie gregaria reprodúcese en chairas secas abertas e hábitats similares, pero, a diferenza da ganga de barriga branca, evita as áreas que carecen completamente de vexetación. O seu niño é unha escavación no chan na cal pon tres ovos verdosos con marcas crípticas. Ambos os proxenitores chocan os ovos, pero só o macho trae auga ás crías.
Rexistro fósil
Coñécense de fósiles da ganga de barriga negra do Deserto do Nefud en Arabia Saudita que datan do Plistoceno medio, hai uns 500.000 anos.[9]
Notas
- ↑ BirdLife International (2018). "Pterocles orientalis". IUCN Red List of Threatened Species. 2018: e.T22693002A131876252. doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T22693002A131876252.en. Consultado o 12 de novembro de 2021.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definición de ganga no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10ª ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 161.
- ↑ Temminck, Coenraad Jacob (1815). Histoire Naturelle Générale des Pigeons et des Gallinacés (en francés) 3. Amsterdam: J. C. Sepp et fils. pp. 238, 712.
- ↑ 6,0 6,1 Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (xaneiro de 2022). "Turacos, bustards, cuckoos, mesites, sandgrouse". IOC World Bird List Version 12.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 13 de agosto de 2022.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 322. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ CRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), ISBN 978-0-8493-4258-5.
- ↑ Stimpson, Christopher M.; Lister, Adrian; Parton, Ash; Clark-Balzan, Laine; Breeze, Paul S.; Drake, Nick A.; Groucutt, Huw S.; Jennings, Richard; Scerri, Eleanor M.L.; White, Tom S.; Zahir, Muhammad; Duval, Mathieu; Grün, Rainer; Al-Omari, Abdulaziz; Al Murayyi, Khalid Sultan M.; Zalmout, Iyaed S.; Mufarreh, Yahya A.; Memesh, Abdullah M.; Petraglia, Michael D. (1 de xullo de 2016). "Middle Pleistocene vertebrate fossils from the Nefud Desert, Saudi Arabia: Implications for biogeography and palaeoecology". Quaternary Science Reviews (en inglés) 143: 13–36. doi:10.1016/j.quascirev.2016.05.016. hdl:10072/142575. Consultado o 19 de outubro de 2024 – vía Elsevier Science Direct.
Véxase tamén
Bibliografía
- Pheasants, Partridges and Grouse de Madge e McGowan, ISBN 0-7136-3966-0