Quercus
- Para atopar máis información ou consultar a especie normalmente chamada "carballo", véxase o artigo Carballo común.
Quercus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e landras do carballo común (Quercus robur) | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Non está ameazada | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Quercus é un xénero da familia das fagáceas que comprende cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos propias do hemisferio norte e que inclúe tanto especies caducifolias coma perennes.
Os Querci esténdese tanto por zonas de clima atlántico como clima continental ou clima mediterráneo, dende Eurasia até América e medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas.
En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.
Cómpre ter en conta que tamén se denominan carballos as especies tropicais doutros xéneros relacionados, principalmente Lithocarpus.
Diferentes especies de carballos son moi frecuentes en toda Galicia, salientando o carballo común (ver lista de especies habituais en Galicia abaixo). De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.
As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro bravo ou o eucalipto; con todo, a extensión das carballeiras incrementouse nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.
Especies en Galicia
En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas as máis importantes son: o carballo común (Quercus robur L.), a especie máis estendida; o carballo negro, cerquiño ou cerqueiro (Quercus pyrenaica Willd.) e o carballo albariño, albar ou carbia, máis escaso en xeral, aínda que abundante nas zonas altas do interior de Ourense e Lugo (Quercus petraea (Mattuschka) Liebl.). Ademais destas especies cabe mencionar tamén o carballo americano (Quercus rubra L. ou Quercus borealis) co que se están a facer novas reforestacións, o carballo anano ou caxigo (Quercus lusitanica ou Quercus faginea) presente no Monte Pindo, e nalgunhas zonas dos canóns do Sil, a sobreira e a aciñeira, que tamén pertencen o xénero Quercus (Q. suber L. e Q. ilex L. respectivamente). En Ourense atópanse algunhas plantacións de Quercus palustris, o carballo palustre americano.
Híbridos
- Quercus x andegavensis Hy (Q. robur x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en 1994. En Lugo.
- Quercus x gallaecicus Llamas, Lence & Acedo (Q. lusitanica x Q. robur) Descrito por LLAMAS & al. 2003. Na Coruña.
- Quercus x rosacea Bechst. (Q. petraea x Q. robur), descrito por SILVA PANDO en 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996. En Lugo.
- Quercus x trabutii Hy (Q. petraea x Q. pyrenaica), descrito por SILVA PANDO en Lugo, en 1994.[1]
Clasificación
O xénero Quercus divídese en dous subxéneros e varias seccións:
Subxénero Quercus
Este subxénero divídese nas seccións a seguir:
Sección Quercus
Os seus sinónimos son Lepidobalanus e Leucobalanus, estas especies conforman a listaxe dos denominados "Carballos beancos" de Europa, Asia e América do Norte. Os seus xineceos son curtos; as landras maduran en 6 meses e o seu gusto é acre ou lixeiramente doce, no interior da casca das landras non hai pelo, as follas na súa maioría carecen de puntas agudas nas súa extremidades e os lóbulos adoitan ser arredondeados.
Listaxe parcial dalgunhas especies de carballos (Quercus), pertencentes ao subxénero Quecus, sección Quercus:
- Quercus alba - Carballo branco americano, carballo branco
- Quercus aliena
- Quercus arizonica - Aciñeira de Arizona
- Quercus austrina
- Quercus berberidifolia
- Quercus bicolor - Carballo bicolor
- Quercus boyntonii
- Quercus chapmanii
- Quercus cornelius-mulleri
- Quercus copeyensis
- Quercus dalechampii
- Quercus depressipes
- Quercus dilatata
- Quercus douglasii (sin. Quercus gambelii)
- Quercus dumosa
- Quercus durata
- Quercus engelmannii
- Quercus faginea - Carballo anano ou caxigo (sin. Quercus lusitanica) - con dúas subespecies:
- Quercus faginea subsp. faginea.
- Quercus faginea subsp. broteroi.
- Quercus fusiformis
- Quercus garryana - Carballo branco de Oregón.
- Quercus geminata
- Quercus glaucoides
- Quercus grisea
- Quercus havardii
- Quercus hinckleyi
- Quercus hondurensis
- Quercus humilis (sin. Quercus pubescens) - Carballo pubescente[2]
- Quercus ilex (sin. Quercus ilicifolia, Quercus glauca) - Aciñeira brava ou común, con dúas subespecies:
- Quercus ilex subsp. ilex.
- Quercus ilex subsp. rotundifolia (sin. Q. rotundifolia, Q. ballota).
- Quercus intricata
- Quercus john-tuckeri
- Quercus laceyi
- Quercus lanata
- Quercus leucotrichophora
- Quercus libani - Carballo do Líbano
- Quercus lobata - Carballo dos vales
- Quercus lyrata
- Quercus macrocarpa
- Quercus mohriana
- Quercus michauxii
- Quercus minima
- Quercus mongolica
- Quercus muhlenbergii
- Quercus oglethorpensis
- Quercus peduncularis
- Quercus petraea - Carballo albariño.
- Quercus polymorpha
- Quercus prinoides
- Quercus prinus (sin. Quercus montana) - Carballo pardo.
- Quercus pungens
- Quercus robur - carballo común ou carballo bravo
- Quercus rugosa
- Quercus sadleriana
- Quercus stellata
- Quercus toumeyi
- Quercus turbinella
- Quercus vaseyana
- Quercus virginiana - Aciñeira do sur
Sección Mesobalanus
Son coñecidos como "carballos húngaros" e son oriundos de Europa, Asia e do norte de África. De pistilos longos; as landras maduran aos 6 meses e son acres; o interior da cúpula non posúe pelo. A sección Mesobalanus está achegada á sección Quercus e algunhas veces tense incluído dentro desta.
- Quercus canariensis - Carballo mediterráneo[2]
- Quercus dentata
- Quercus frainetto - Carballo de Hungría
- Quercus macranthera - Carballo do Cáucaso
- Quercus pontica - Carballo de Armenia
- Quercus pyrenaica (sin. Quercus nigra) - Cerquiño, cerqueiro, rebolo ou carballo negro (ás veces tamén caxigo).
- Quercus vulcanica
Sección Cerris
A sección Cerris é coñecida coma a dos Carballos Turcos e os seus relativos de Europa, Asia e norte de África. Son de xineceo longo e as landras maduran aos 18 meses dende a xermolación e son moi acres. O interior da casca das landras non posúe pelo. As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos bordos.
- Quercus acutissima
- Quercus alnifolia
- Quercus castaneifolia - Carballo persa
- Quercus cerris - Carballo cabeludo
- Quercus coccifera (sin. Quercus calliprinos) - Carrasco ou carballo carrasco.
- Quercus infectoria
- Quercus libani
- Quercus macrolepis
- Quercus semecarpifolia
- Quercus suber - Sobreira
- Quercus trojana - Carballo de Macedonia
- Quercus variabilis - Sobreira da China
Sección Protobalanus
A sección dos Protobalanus coñecida coma a sección de carballos intermedios e os seus relativos no suroeste dos Estados Unidos e do noroeste de México. Ten os seus xineceos curtos, e as landras maduran aos 18 meses de sabor moi acre. O interior da casca das landras ten pelo, e as follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con cerdas nos extremos.
- Quercus cedrosensis
- Quercus chrysolepis (sin. Quercus oblongifolia - Aciñeira mexicana azul
- Quercus palmeri
- Quercus tomentella
- Quercus vaccinifolia
Sección Lobatae
Os "carballos rubios" ou vermellos americanos (sinónimo: subxen.Erythrobalanus). Xeralmente se desenvolven en América do Norte, América Central e na zona norte de América do Sur. De pistilos longos e landras que maduran aos 18 meses, moi acres e co interior da casca con moito pelo. A noz áchase encerrada nunha capa magra e pegañenta de pel apergamiñada.As follas adoitan ter lóbulos de puntas afiadas, con pelos espiñosos nos mesmos.
- Quercus agrifolia - Aciñeira de California
- Quercus arkansana
- Quercus buckleyi
- Quercus canbyi
- Quercus coccinea - Carballo escarlata
- Quercus costaricensis
- Quercus cualensis
- Quercus depressa
- Quercus eduardii
- Quercus ellipsoidalis
- Quercus emoryi
- Quercus falcata - Carballo rubio do sur ou carballo hispano.
- Quercus gravesii
- Quercus graciliformis
- Quercus georgiana
- Quercus hintoniorum
- Quercus hirtifolia
- Quercus humboldtii - Carballo colombiano, carballo andino.
- Quercus hypoleucoides
- Quercus hypoxantha
- Quercus iltisii
- Quercus imbricaria
- Quercus incana
- Quercus inopina
- Quercus kelloggii - Carballo negro de California.
- Quercus laevis
- Quercus laurifolia
- Quercus laurina
- Quercus marilandica - Carballo de Maryland.
- Quercus myrtifolia
- Quercus nigra - Carballo de auga, carballo negro americano.
- Quercus pagoda
- Quercus palustris - Carballo dos pantanos ou carballo palustre americano.
- Quercus parvula
- Quercus phellos - Carballo de follas de salgueiro.
- Quercus pumila
- Quercus rhysophylla
- Quercus rubra (sin. Quercus acerifolia) - Carballo americano, carballo rubio americano.
- Quercus salicifolia
- Quercus sapotifolia
- Quercus shumardii - Carballo rubio dos pantanos
- Quercus tardifolia
- Quercus texana
- Quercus velutina - Carballo negro americano do leste
- Quercus wislizeni
- Quercus xalapensis
Subxénero Cyclobalanopsis
Este subxénero coñécese como a listaxe dos "carballos con copas de aneis" e se desenvolven principalmente ao leste e sueste de Asia. Son carballos "sempreverdes" que acadan alturas de entre 10 e 40 metros. Son bastante diferentes ao subxénero Quercus no sentido que teñen landras con distintivas copas con aneis de diferentes escalas de tamaño e se desenvolven comunmente en grupos mestos, malia non se aplicar a todas as especies. A Flora da China trata ás Cyclobalanopsis coma un xénero distinto, porén a meirande parte dos taxonomistas consideran que é un subxénero de Quercus. En total suma arredor de 150 especies.
- Quercus acuta - Aciñeira xaponesa.
- Quercus albicaulis
- Quercus argentata
- Quercus argyrotricha
- Quercus augustinii
- Quercus austrocochinchinensis
- Quercus austroglauca
- Quercus bella
- Quercus blakei
- Quercus camusiae
- Quercus championii
- Quercus chapensis
- Quercus chevalieri
- Quercus chingsiensis
- Quercus chungii
- Quercus daimingshanensis
- Quercus delavayi
- Quercus delicatula
- Quercus dinghuensis
- Quercus disciformis
- Quercus edithiae
- Quercus elevaticostata
- Quercus fleuryi
- Quercus gambleana
- Quercus gemelliflora
- Quercus gilva
- Quercus helferiana
- Quercus hondae
- Quercus hui
- Quercus hypophaea
- Quercus jenseniana
- Quercus jinpinensis
- Quercus kerrii
- Quercus kiukiangensis
- Quercus kouangsiensis
- Quercus lamellosa
- Quercus lineata
- Quercus litoralis
- Quercus litseoides
- Quercus lobbii
- Quercus longinux
- Quercus lowii
- Quercus lungmaiensis
- Quercus merrillii
- Quercus morii
- Quercus motuoensis
- Quercus multinervis
- Quercus myrsinifolia
- Quercus neglecta
- Quercus ningangensis
- Quercus obovatifolia
- Quercus oxyodon
- Quercus pachyloma
- Quercus patelliformis
- Quercus pentacycla
- Quercus phanera
- Quercus poilanei
- Quercus rex
- Quercus salicina
- Quercus saravanensis
- Quercus schottkyana
- Quercus semiserrata
- Quercus sessilifolia
- Quercus sichourensis
- Quercus stenophylloides
- Quercus stewardiana
- Quercus subhinoidea
- Quercus subsericea
- Quercus thorelii
- Quercus tomentosinervis
- Quercus treubiana
- Quercus xanthotricha
- Quercus yingjiangensis
- Quercus yonganensis
Galería de imaxes
-
Carballo centenario en Lugo a comezos do inverno.
-
Follas de carballo común.
-
Silueta dunha carballa vella en Sarria.
-
Folla de carballo común a avelloarse no chan.
-
O Tamme-Lauri, un carballo senlleiro en Estonia.
Notas
- ↑ Catálogo da Flora de Galicia, María Inmaculada Romero Buján, IBADER, Universidade de Santiago de Compostela, Lugo, 2008
- ↑ 2,0 2,1 Nome vulgar, en Luís Daviña Facal (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo II C. A Coruña: Deputación da Coruña. ISBN 84-95335-46-8.