Quinto de Esmirna
Nome orixinal | (grc) Κόϊντος Σμυρναῖος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV História de Esmirna, Imperio Bizantino (pt) |
Morte | século IV |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: século III ) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Dorotheus (presumiblemente) |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Quinto de Esmirna (en grego Κόιντος Σμυρναίος) foi un poeta épico grego que viviu entre os séculos III e IV.
Traxectoria
Son escasos os datos biográficos sobre Quinto de Esmirna. Compuxo, ao redor dos séculos III ou IV de nosa era, as Posthoméricas, poema en catorce libros cuxa finalidade era seguir o ciclo épico troiano alí onde o deixou Homero e converterse en continuación natural da Ilíada.
As Posthoméricas comezan coa morte e funerais de Heitor (momento no que acaba a Ilíada) e narra todos os sucesos posteriores, até o final da guerra de Troia, non recollidos por Homero, pero ben coñecidos por outras fontes: morte de Aquiles, tolemia de Áiax ou Aiante, intervención de Filoctetes e Neoptólemo, argucia do cabalo de madeira, conquista da cidade e repartición de prisioneiras. A obra conclúe co regreso dos heroes gregos ás súas patrias, punto no que as Posthoméricas enlazan co outro gran poema homérico, a Odisea.
Aínda que o modelo principal é, como cabía esperar, Homero, Quinto de Esmirna baséase en moitas outras fontes para compor o seu relato: Apolonio de Rodas, Sófocles, Eurípides, etc. Non está abondo clara a influencia de Virxilio, a pesar das grandes similitudes entre as Posthoméricas e a Eneida. Auténtica xoia para todos os interesados polo ciclo mítico da guerra de Troia.
Véxase tamén
Bibliografía
- Quinto de Esmirna. Posthoméricas. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 9788424927318.
- —. Posthoméricas. Edición de Francisco Antonio García Romero. Akal. Madrid.
Ligazóns externas
- Quinto de Esmirna: Posthoméricas ou A caída de Troia.
- Texto español: vista previa en Google Books.
- Texto español en Scribd.
- Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011): 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14.
- Texto inglés no Proxecto Gutenberg.
- Texto inglés no sitio Theoi; trad. de 1913 de Arthur Sanders Way publicada na Loeb Classical Library.
- Texto grego no Proxecto Perseus; ed. de A. S. Way; 1913.