Ría do Barqueiro
Tipo | ría | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
| ||||
A ría do Barqueiro é unha ría galega, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.
Localización
Sitúase entre os concellos do Vicedo (na provincia de Lugo, da Mariña Luguesa) e Mañón (na provincia da Coruña, da comarca do Ortegal). Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira. Dentro da ría están as praias de Bares, Vilela, Arealonga, Castro, Fomento, Caolín, Vidrieiro e Xilloi.
Dálle nome a localidade do Barqueiro, porto pesqueiro do concello de Mañón.
Galería de imaxes
-
Ponte sobre a Ría do Barqueiro.
-
Porto na Ría do Barqueiro.
-
Vista da Ría.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- A. Lage-Seara (16 de xaneiro de 2021). "El paraíso gallego de la Ría do Barqueiro". La Vanguardia.