Río Pa Sak

Modelo:Xeografía físicaRío Pa Sak
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaTailandia Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaTailandia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Chao Phraya Editar o valor en Wikidata
 17°14′38″N 101°16′21″L / 17.244, 101.2724
14°20′42″N 100°34′38″L / 14.345, 100.5772
Afluente
Conca hidrográficaChao Phraya basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Tamaño513 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica16.291 km² Editar o valor en Wikidata

O río Pa Sak (en tailandés: แม่น้ำ ป่า สัก) é un río do centro de Tailandia. Nace no Amphoe de Dan Sai, provincia Loei, e pasa a través da provincia Phetchabun como columna vertebral da mesma. Logo atravesa a parte oriental da provincia Lopburi e a de Saraburi, até que se une co río Lopburi ao nordeste da illa de Ayutthaya, para logo xuntarse co Chao Phraya no sueste. Posúe unha lonxitude de 513 km e drena unha cunca de 16.291 km², transportando 2,4 km³ de auga ao ano.

O val do Pa Sak a través das montañas Phetchabun é a área principal da provincia Phetchabun. A cunca do río é bastante estreita e a cantidade de auga discorre de maneira substancialmente diferente segundo a estación do ano. Para evitar problemas na época seca, na parte baixa do val Pa Sak construíuse en 1994 a presa de Pasak Jolasit (เขื่อน ป่า สัก ชล สิทธิ์) na provincia de Lopburi. O pantano resultante ten 4.860 metros de ancho e 31,5 m de alto, cunha capacidade de encoro total de 0,785 km³. Ademais da xestión da auga para irrigación e subministración humana, a presa produce 6,7 MW de enerxía hidroeléctrica.

Os principais afluentes son: Lopburi, Muak Lek, Phung, Pa Daeng, Kong, Sonthi, Wang Chomphu, Na, Chun, Duk, Khon Kaen, Yai, Saduang Yai, Ban Bong, Tarang e Phaya Klang.