Río Paraíba do Sul
Río Paraíba do Sul | |
---|---|
País | Brasil |
Nacemento | estado de São Paulo |
Conca | 57.000 km² |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Ríos do leste do Brasil; véxase no mapa o río Paraíba do Sul. | |
O río Paraíba do Sul e un río brasileiro que nace no estado de São Paulo, percorre unha parte do sueste de Minas Xerais, fai o linde natural deste estado co de Río de Xaneiro, e desemboca no océano Atlántico. A súa cunca hidrográfica está situada entre as latitudes 20°26' e 23°39'S e as lonxitudes 41° e 46°30'W e ten unha área duns 57.000 km², que se espalla polos tres estados.
Localización e características
A rexión do río Paraíba do Sul (tamén coñecido como río Paraíba) encóntrase hoxe cos seus ecosistemas moi alterados. A foresta orixinal (coñecida como Mata Atlántica) actualmente só existe en parques e reservas forestais. O propio río ten o seu curso mudado por sucesivas represas, destinadas a abastecer de auga e electricidade as poboacións veciñas, incluíndo as grandes cidades do seu vale nos estados de São Paulo e Río de Xaneiro, e tamén a rexión metropolitana da cidade de Río de Xaneiro. A grande actividade industrial e as poboacións nas súas marxes botan nel unha importante cantidade de polución.
A rexión central do Val do Paraíba foi a primeira gran rexión produtora de café no Brasil no século XIX, coa súa economía baseada en grandes propiedades rurais e no traballo escravo. Coa perda de importancia da súa produción cafeteira para o interior do estado de São Paulo, houbo un estancamento económicoa. Despois da creación da Compañia Siderúrxica Nacional (a primeira fábrica de aceiro do Brasil, creada por Getúlio Vargas no 1943) a rexión pasou por un proceso de industrialización que a transformou nunha das máis importantes rexións industriais do Brasil.
O val do río Paraíba do Sul é atravesado polo ferrocarril Estrada de Ferro Central do Brasil e pola estrada Rodovia Presidente Dutra, que ligan a rexión coas cidades do Río de Xaneiro e de São Paulo.
Cidades máis grandes do val do Río Paraíba do Sul
No estado de São Paulo
No estado do Río de Xaneiro
- Campos
- Resende
- Volta Redonda
No estado de Minas Xerais
- Juiz de Fora (xunto ó río Paraibuna, afluente do Paraíba do Sul)
- Além Paraíba