Río Saskatchewan

Modelo:Xeografía físicaRío Saskatchewan
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Norte Editar o valor en Wikidata
División administrativaSaskatchewan, Canadá e Manitoba, Canadá Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaManitoba, Canadá Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Winnipeg Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata
 53°14′06″N 105°04′58″O / 53.235, -105.0828
53°11′06″N 99°15′22″O / 53.185, -99.2561
Afluentes
Conca hidrográficaLake Winnipeg basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións547 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica335.900 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal700 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Saskatchewan é un dos principais ríos do Canadá, con aproximadamente 550 quilómetros de longo, discorre cara ao leste a través das provincias de Saskatchewan e Manitoba para desembocar no Lago Winnipeg. Xunto cos seus afluentes Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, a súa conca abarca a maior parte da rexión central das Pradarías canadenses, prolongándose cara ao oeste ata as Montañas Rochosas Canadenses en Alberta e o norte de Montana nos Estados Unidos. Isto supón aproximadamente 1.939 quilómetros ata a súa cabeceira no río Bow, un afluente do Saskatchewan do Sur en Alberta.

Descrición

Fórmase na zona central de Saskatchewan, aproximadamente 40 quilómetros ao leste de Prince Albert, pola confluencia das súas dúas ramas principais, Saskatchewan do Norte e Saskatchewan do Sur, no Saskatchewan River Forks. A fonte de ámbolos dous ríos provén dos glaciares das Montañas Rochosas en Alberta.

A corrente combinada flúe á vez leste-nordés, cara ao Lago Codette formado pola presa de Nipawin e cara ao Lago Tobin, formado pola presa E.B. Campbell. Logo flúe nordés, fóra do bordo das saias das Grandes Chairas sobre o Escudo Canadense, atravesando unha rexión de pantanos, onde se xunta polo noroeste co río Torch e co río Mossy. Pola parte norte dos pantanos flúe cara ao leste, enroscándose ao redor dunha serie de pequenos lagos cara ao oeste central de Manitoba ata O Pas, onde se lle une polo suroeste o río Carrot. Ao sueste do Pas, forma varios arroios nun delta á beira noroeste do Lago Cedar, deixando o lago polo seu extremo sueste e fluíndo aproximadamente 5 km ata o lago Winnipeg, entrando na beira norte de Long Point.

O nome do río, como a provincia de Saskatchewan, deriva da lingua cree: kisiskāciwani-sīpiy, que significa "río de curso veloz"[1]. O río e os seus afluentes proporcionaron unha importante ruta de transporte para os nativos americanos e os primeiros trampeiros europeos.

No río hai construídas centrais hidroeléctricas en Nipawin, E.B. Campbell (antes Squaw Rapids) en Saskatchewan e en Grand Rapids en Manitoba.

Notas

  1. "Nomes xeográficos do Canadá". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2008. Consultado o 06 de agosto de 2007. 

Véxase tamén

Ligazóns externas