Río Ulla

Modelo:Xeografía físicaRío Ulla
Imaxe
Pontevea, parroquia de Reis, Teo.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
Altitude inicial648 m Editar o valor en Wikidata
División administrativaGalicia, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOlveda Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Arousa Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
 42°42′54″N 7°49′44″O / 42.7151, -7.829
42°38′36″N 8°45′16″O / 42.6433, -8.7545
Afluentes
Características
Dimensións132 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.764 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal79,3 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Toponimia

O hidrónimo Ulla procedería da raíz indoeuropea *wel-, "facecr xirar", "auga que dá voltas", xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia.[1][2]

Curso

O Ulla nace na parroquia de Olveda (Antas de Ulla) se bén o lugar exacto está discutido e varia significativamente según a fonte que se consulte.[3][N 1]

Os máis importantes afluentes do Ulla son o Arnego e o Deza. Separa as provincias da Coruña e Pontevedra a excepción de dous pequenos tramos nos concellos de Vedra e Padrón, e desemboca na ría de Arousa tras percorrer 132 km.[7][8] Considéranse as Punta Palleiro e Grandoiro como a fin do río [5]. Ten unha conca de 2.764 km²,[7][8] a segunda máis importante de Galiza trala do río Miño.

Conta co encoro de Portodemouros, obra bastante importante no seu tempo.

Afluentes

Afluentes do Río Ulla por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Río Pambre:[5] desemboca no Batán (Palas de Rei, Lugo) pola marxe dereita.
  2. Río Seco:[5] desemboca entre Santo Estevo (Agolada, Pontevedra) e Barazón (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  3. Río Furelos:[5] desemboca na Pontenova (Santiso, A Coruña) pola marxe dereita.
  4. Río Arnego:[5] desemboca no encoro de Portodemouros, no Marquesado (Agolada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  5. Río Iso:[5] desemboca no encoro de Portodemouros, fronte a Arxe (Vila de Cruces, Pontevedra), entre o Picouto (Santiso, A Coruña) e a Igrexa (Arzúa, A Coruña) pola marxe dereita.
  6. Río Prevediños:[5] desemboca en Besaña (Touro, A Coruña) pola marxe dereita.
  7. Río Deza:[5] desemboca entre Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e Cira (Silleda, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  8. Río Liñares:[5] desemboca na Aldea Grande (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  9. Río Pereiro:[5] desemboca en Agromaior (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  10. Río Vea:[5] desemboca preto de Vilacriste (A Estrada, Pontevedra) pola marxe esquerda.
  11. Río de Santa Lucía:[5] desemboca en Pontevea (Teo, A Coruña) pola marxe dereita.
  12. Rego Castrelo:[5] desemboca en Herbón (Padrón, A Coruña) pola marxe dereita, a 16,7 km do mar.[5]
  13. Río Sar:[5] o brazo esquerdo desemboca na Aduana, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 15,0 km do mar.[5]
  14. Rego Salgueirón: [Cómpre referencia] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,3 km do mar.
  15. Rego Fonte do Ouro:[5] desembocaba na vila de Pontecesures pola marxe esquerda, a 14,2 km do mar.
  16. Río Valga:[5] desemboca no Pumariño (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 13,0 km do mar.[5]
  17. Río Sar:[5] o brazo dereito desemboca en Afoz, na vila de Padrón pola marxe dereita, a 13,0 km do mar.[5]
  18. Río Louro:[5] desemboca na Carballa (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 11,2 km do mar.[5]
  19. Rego de Vigo:[5] desemboca en Vigo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 10,4 km do mar.[5]
  20. Regueiro de Carracido: [Cómpre referencia] desemboca en Carracido (Valga, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 9,69 km do mar.[5]
  21. Rego de Tarrío:[5] desemboca en Tallós (Dodro) pola marxe dereita, a 9,13 km do mar.[5]
  22. Rego de Manselle:[5] desemboca entre Imo e Tallós (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,70 km do mar.[5]
  23. Rego de Imo:[5] desemboca en Imo (Dodro, A Coruña) pola marxe dereita, a 8,59 km do mar.[5]
  24. Rego dos Campelos:[5] desemboca preto da Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 6,07 km do mar.[5]
  25. Rego da Vacariza: [Cómpre referencia] desemboca na Vacariza (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 5,58 km do mar.[5]
  26. Rego de Gondomil:[5] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,93 km do mar.[5]
  27. Regueiro das Torres: [Cómpre referencia] desemboca nas marismas de Oeste (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 4,43 km do mar.[5]
  28. Río de Catoira:[5] desemboca na vila de Catoira pola marxe esquerda, a 3,68 km do mar.[5]
  29. Rego de Freixeiro:[5] desemboca fronte a Gabeira Pequena ou da Cruz entre o Outeiriño e Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 2,70 km do mar.[5]
  30. Rego da Lagartera:[5] desemboca no Peirán, en Quintáns (Rianxo, A Coruña) pola marxe dereita, a 2,67 km do mar.[5]
  31. Rego do Souto da Vila:[5] desemboca en Cores (Catoira, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 700 m do mar.[5]
  32. Rego dos Campos: [Cómpre referencia] desemboca preto da Dona (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) pola marxe esquerda, a 400 m do mar.[5]

Pontes

Ademaís das pontes o río conta en diversos puntos con pesqueiras que nalgúns casos permiten cruzar o río a pé. Na imaxe pesqueiras de Herbón.
Artigo principal: Lista de pontes do río Ulla.

Ao longo do río Ulla dende o seu nacemento ata a desembocadura hai máis de sesenta puntos que salvan o río dende pasos de pedra, pontes ou viadutos. De diferentes épocas, materiais e usos, para o ferrocarril, tráfico rodado ou peonil.

Galería de imaxes

Notas

  1. O Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal de Sebastián Miñano (1828) di que «nace no lugar de Soengas, ao oeste de Portomarín»; o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849) que «nace entre as freguesías de Santo André de Rial, do Concello de Antas, e San Cristovo de Vilorde que pertence a Monterroso»; un artículo publicado polo autor José María Gil na revista Galicia. Revista Universal de este Reino (1864) afirma que «o Ulla toma orixe de dous manantiais contra o lugar de Soengas no bispado de Lugo»; o Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano (1897) di que «nace na provincia de Lugo nas montañas que se alzan ó Oeste de Taboada»; o autor Gómez de Arteche afirma que «ten orixe ó pé do monte de San Cristovo, e corre ó Noroeste recollendo augas do gran receptáculo formado por aquela montaña e as abas orientais dos montes de Corno de Boi, Carrió e Farelo»; Ramón Otero Pedrayo na súa Guía de Galicia (1926) fala de «varias fontes como inicio do río» e sitúaas no corazón da alta Ulloa; o Mapa Topográfico Nacional 1:50000 do ano 2002 situa o nacemento no lugar de Cal de Mourelle (Taboada) mentras que o caudal que nace en Fonte Currelos chámalle Rego da Ermida e ambos únense no lugar de Ferreiros en Monterroso, xa como río Ulla; a Enciclopedia Galega Universal (2006) di que nace na parroquia de Ansar (Taboada); a Gran Enciclopedia Galega de Silverio Cañada (2006) fala de desta discrepancia e di que «a opinión máis común é que nace a partir da confluencia de varios regatos na parroquia de Ansar (Taboada)»; a Enciclopedia Espasa (2013) indica que nace en Fonte Ulla na Serra do Faro[4] mentres que o Instituto Geográfico Nacional de España e o autor J. Horacio García coinciden en situar o nacemento na fonte da Poteira (Olveda).[5][6]

Referencias

  1. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  2. Curchin, Leonard A. (2008). "Los topónimos de la Galicia romana: Nuevo estudio". Cuadernos de Estudios Gallegos 55 (121): 109–136. doi:10.3989/ceg.2008.v55.i121.41. 
  3. Varela, Suso (23 de febreiro de 2014). "Una investigación propone mejorar el entorno del Ulla como potencial turístico". www.lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 26-1-2025. 
  4. As Pontes do Río Ulla. Asociación Raiceiros / Andavira Editora. 2013. p. 89. ISBN 978-84-8408-729-8. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 5,22 5,23 5,24 5,25 5,26 5,27 5,28 5,29 5,30 5,31 5,32 5,33 5,34 5,35 5,36 5,37 5,38 5,39 5,40 5,41 5,42 5,43 5,44 5,45 5,46 5,47 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 42°43'21.5"N 7°47'54.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  6. García, J. Horacio (2021). "Onte nace o río Ulla? Un percorrido científico na busca das súas fontes". Cairón (Instituto de Estudos Ulloáns) (5): 148–165. 
  7. 7,0 7,1 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. p. 94. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  8. 8,0 8,1 Cañada, Silverio, ed. (2003). "Ulla, Río". Gran Enciclopedia Galega 42. El Progreso - Diario de Pontevedra. pp. 179–180. ISBN 84-87804-26-8. 

Véxase tamén

Bibliografía