Río Vístula

Vístula
O Vístula desde o castelo de Grudziadz
PaísPolonia
NacementoBarania Góra
Lonxitude1.047 km
Conca194.424 km²
Caudal medio1.054 m³/s
DesembocaduraMar Báltico

O Vístula (en polaco : Wisła, en alemán: Weichsel) é o principal río de Polonia con 1.047 km de curso.

Percorrido

O Vístula ten a súa fonte nos montes Beskides occidentais na Alta Silesia, a 1.106 msnm. Percorre todo o seu curso a través de Polonia antes de desaugar no Mar Báltico preto de Gdańsk. O seu caudal medio anual na desembocadura é de 1.054 m³/s.

O percorrido do río consta de tres seccións:

  • O curso superior, desde o nacemento até Sandomierz, onde recibe ao San, afluente pola beira dereita.
  • O curso medio, desde Sandomierz á confluencia co Bug, acrecentado polo Narew, importantes afluentes da beira dereita.
  • O curso inferior, desde a unión co Bug até a foz en delta na baía de Gdańsk.

O delta do Vístula sufriu importantes modificacións no seu trazado ao longo de tempos históricos.

Conca

A conca hidrográfica do Vístula esténdese na parte oriental do país nunha área de 194.424 km², o que representa máis do 60% de toda a superficie de Polonia (case o resto do territorio é drenado polo río Oder ou Odra en polaco). A altitude media da conca é de 270 msnm, localizándose a maior altura nos montes Tatra, a 2.663 metros. Porén o 55% da superficie está situada en elevacións comprendidas entre 100 e 200 m, e aínda o 75% entre 100 e 300 m. É unha conca moi disimétrica, pois na súa maior parte se estende cara oriente do río principal.

Afluentes

  • Pola esquerda: Kamienna; Przemsza; Nida; Pilica, 319 km; Nidzica; Bzura, 100 km; Brda, 238 km; Wda, 210 km; Wierzyca.
  • Pola dereita: Soła; Skawa; Raba; Dunajec, 247 km; Wisłoka, San, 433 km; Kurówka; Wieprz, 303 km; Narew, 484 km, co seu importante afluente o Bug, 772 km; Drwęca.

Hidroloxía

O aspecto aplanado da conca explica, en parte, que o Vístula fose a orixe de cheas catastróficas, coma por exemplo as rexistradas en 1813, 1888, 1934, 1960.

Principais cidades ás beiras

De sur a norte o Vístula atravesa varias cidades das que destacan: