Raís e lazos
Raís e lazos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rails & Ties |
Director | Alison Eastwood |
Produtor | Robert Lorenz Peer Oppenheimer Barrett Stuart |
Guión | Micky Levy |
Intérpretes | Kevin Bacon Marcia Gay Harden Miles Heizer Eugene Byrd Brian Bogulski Bonnie Root |
Música | Kyle Eastwood Michael Stevens |
Fotografía | Tom Stern |
Montaxe | Gary Roach |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 26 de novembro de 2007 18 de setembro de 2011 (TVG) |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.railsandties.com | |
Raís e lazos (en inglés: Rails & Ties) é un filme estadounidense dirixido por Alison Eastwood que se estreou no 2007. Está protagonizado por Kevin Bacon, Marcia Gay Harden e Miles Heizer. Estreouse en galego na TVG o 18 de setembro de 2011.[1]
Sinopse
Tom Stark, enxeñeiro ferroviario e maquinista, non sabe sobrelevar o cancro terminal que padece a súa esposa Megan. Refúxiase no traballo, en vez de intentar aproveitar con intensidade os seus últimos días con Megan para facela feliz. Pero unha inesperada desgraza vai estreitar os seus lazos. Un día unha muller deprimida coloca na metade da vía o seu automóbil, co seu fillo adolescente Davey dentro. Tom segue o regulamento de diminuír a velocidade, pero sen usar o freo de emerxencia, o que podería facer descarrilar o tren. Como resultado, a muller morre pero o rapaz salva a vida.
Personaxes
- Kevin Bacon como Tom Stark
- Marcia Gay Harden como Megan Stark
- Miles Heizer como Davey Danner
- Marin Hinkle como Renee
- Eugene Byrd como Otis Higgs
- Bonnie Root como Laura Danner
- Steve Eastin como N.B. Garcia
- Laura Cerón como Susan Garcia
- Margo Martindale como Judy Neasy
- Kathryn Joosten como Mrs. Brown
Notas
- ↑ "Raís e lazos na TVG". Diario Siglo XXI. 16 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2013.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Raís e lazos na IMDb (en inglés).