Rachael Ray

Rachael Ray
Nacemento25 de agosto de 1968
Lugar de nacementoGlens Falls
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPace University
Ocupacióngastrónoma, presentadora de televisión, escritora, emprendedora e chef
PremiosDaytime Emmy Awards
Na rede
http://www.rachaelray.com
IMDB: nm1301904 Facebook: RachaelRay Twitter: rachaelray Instagram: rachaelray Youtube: UCmdcdcka_ZQXfoy3X1thrsQ Pinterest: RachaelRay TikTok: rachaelray Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rachael Domenica Ray, nada o 25 de agosto de 1968 en Glens Falls, é unha presentadora, chef de televisión e escritora de libros de cociña estadounidense.

Traxectoria

Ray presenta en sindicación desde o ano 2006 o programa de televisión Rachael Ray polo que gañou dous Premios Emmy. Tamén presenta tres programas na canle especializada en gastronomía Food Network 30 Minute Meals desde 2001, $40 a Day desde 2002 e Rachael Ray's Tasty Travels que comezou en 2007. Ray escribiu varios libros de cociña baseados no concepto desenvolvido en 30 Minute Meals, receitas sinxelas que se poden facer en trinta minutos, e lanzou a súa propia revista Every Day with Rachael Ray en 2006.