Raghunath Murmu

Raghunath Murmu
Nome completoChunu Murmu e ᱪᱩᱱᱩ ᱢᱩᱨᱢᱩ
Nacemento5 de maio de 1905
Lugar de nacementoDandbose
Falecemento1 de febreiro de 1982
NacionalidadeRaj Británico, Dominio da India e India
Alma máterBahalda Primary School, M.K.C. High School e Patna University
Ocupaciónescritor, mestre, dramaturgo, poeta e lingüista
PaiNandlal Murmu
NaiSalma Murmu
CónxuxeNoha Baskey
editar datos en Wikidata ]

Raghunath Murmu, nado en Dandbose o 5 de maio de 1905[1][2] e finado o 1 de febreiro de 1982 foi un escritor indio, o inventor en 1925 da escrita ol chiki empregada pola lingua santali.

Traxectoria

Mestre en Badomtolia, dedicouse ao estudo da lingua santali e no seu intento de establecer unha escrita que se adaptase á lingua creou en 1925 o ol chiki que continuou perfeccionando ata que na década de 1940 adpotou a forma definitiva[3]. Despois da independencia da India estableceu a organización ASECA (Adivasi Socio-Educational Association) para difundir a súa escrita na área de lingua santali[4]. Escribiu a novela Bidu Chandan, outras obras súas son Darege Dhan, Sidhu-Kanhu e Kherwal Bir.

Notas

  1. "Raghunath Murmu". prabook.com (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  2. "History – PANDIT RAGHUNATH MURMU MEDICAL COLLEGE & HOSPITAL" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  3. Nita Mathur (2001) Santhal Worldview. Concept Publishing Company, páx. 74
  4. Anna M. Babel (2016) Awareness and Control in Sociolinguistic Research. Cambridge University Press, páx. 244