Ragnar Klavan

Modelo:BiografíaRagnar Klavan

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Viljandi, Estonia Editar o valor en Wikidata
EducaciónViljandi Jakobson School (en) Traducir
Audentes Sports Gymnasium (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2024) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstonia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo5 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2001 FC Elva 25(5)
2002–2003 Viljandi JK Tulevik 28(2)
2003–2005 FC Flora Tallinn 28(2)
2004–2005 cesión Vålerenga Fotball 2(0)
2005–2009 Heracles Almelo 95(4)
2009–2009 cesión AZ Alkmaar 12(0)
2009–2012 AZ Alkmaar 66(0)
2012–2016 FC Augsburg 125(4)
2016–2018 Liverpool F.C. 39(1)
2018–2021   Cagliari Calcio 61(0)
2021–2022 Paide Linnameeskond 21(3)
2023–2024 JK Tallinna Kalev 22(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005   Estonia sub-21 7(0)
2003–2024   Estonia 130(0)
Familia
PaiDzintar Klavan Editar o valor en Wikidata
IrmánsDiana Klavan Editar o valor en Wikidata

FIFA: 214984 UEFA: 62208 Editar o valor en Wikidata

Ragnar Klavan, nado o 30 de outubro de 1985 en Viljandi (Estonia), é un futbolista estoniano que xoga como defensor no Liverpool FC da Premier League de Inglaterra. Tamén é o capitán da selección de Estonia.

Traxectoria profesional

Estonia e Noruega

Ragnar Klavan fixo o seu debut como profesional aos 15 anos, en 2001, no Elva, na súa Estonia natal. Un ano máis tarde uniuse ao Viljandi Tulevik onde xogou dúas tempadas e en 2003 asinou polo Flora Tallin, un dos clubs máis representativos de Estonia. O 31 de agosto de 2004, Klavan foi cedido ao Vålerenga de Noruega por tres meses. Unha vez que o empréstito rematou, o club noruegués decidiu ampliar a estadía de Klavan ata o 30 de novembro de 2005; con todo, xogou só dous partidos no Tippeligaen.

Heracles Almelo

O 4 de agosto de 2005 asinou tres anos co club Heracles Almelo da primeira división dos Países Baixos. Cinco días despois fixo o seu debut en Holanda contra o RKSV DCG en Ámsterdam. Marcou o seu primeiro gol na Eredivisie o 24 de agosto de 2007, aos 76 minutos nunha derrota por 2-1 contra Roda, no que xogaba o seu compatriota Andrés Oper. En decembro do mesmo ano, ampliou o seu contrato ata o 30 de xuño de 2008.

AZ Alkmaar

Tras xogar 104 encontros oficiais co Heracles e marcar cinco goles, o 27 de xaneiro de 2009 foi cedido ao AZ Alkmaar acordando previamente o seu traspaso permanente ao club de Alkmaar no verán por catro anos. O 29 de setembro de 2009 Ragnar Klavan converteuse no primeiro estoniano en xogar un partido de fase da UEFA Champions League, entrando na segunda metade do partido que terminou en 1-1 contra o Standard Lieja de Bélxica. O 29 de xullo de 2010 marcou o seu primeiro gol na UEFA European League, nunha vitoria por 2-0 contra IFK Göteborg de Suecia.

Augsburgo

O 2 de xullo de 2012, tras xogar durante 7 anos na primeira división holandesa, asinou por dúas tempadas co FC Augsburg da Bundesliga de Alemaña.

Liverpool

O 20 de xullo de 2016 fíxose oficial a súa fichaxe polo Liverpool FC da Premier League inglesa, baixo as ordes do adestrador Jürgen Klopp.[1]

Selección nacional

É o actual capitán da selección de Estonia, coa que xogou 124 partidos e marcou tres goles. O seu debut produciuse o 3 de xullo de 2003 contra Lituania, nun partido da Copa do Báltico. Fixo o seu primeiro gol coa selección o 31 de maio de 2006 nun encontro amigable contra Nova Zelandia e o segundo o 29 de febreiro de 2012, contra o Salvador noutro encontro amigable, onde vestiu o brazalete do capitán por primeira vez.

Clubs

Club País Ano
FC Elva Estonia Estonia 2001
Viljandi Tulevik 2002 - 2003
Flora Tallin 2003 - 2005
Vålerenga Noruega Noruega 2004 - 2005
Heracles Almelo Países Baixos Países Baixos 2005 - 2009
AZ Alkmaar Países Baixos Países Baixos 2009 - 2012
Augsburg Alemaña Alemaña 2012 - 2016
Liverpool FC Inglaterra Inglaterra 2016 - presente

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas